Caldeirada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caldeirada de raia.
Caldeirada de raia.

A caldeirada de peixe (ou simplemente caldeirada) é un cocido tradicional da cociña portuguesa e galega elaborado con diferentes peixes cocidos xuntos nun caldeiro (de aquí o seu nome). É un prato que se serve quente e sinxelo de preparación, é típico alimento dos pescadores da zona costeira do Atlántico tanto de Portugal como de Galicia.

Características[editar | editar a fonte]

O ingrediente principal é unha variada oferta de peixes, xeralmente emprégase rodaballo, congro, pescada, raia etc é dicir peixes de rocha que aguantan ben unha cocción, e patacas cortadas en panadeira xunto con cebola, a cocción realízase nuns vinte minutos e adoita aromatizarse con follas de loureiro e pementa negra e un pouco vinagre. Antigamente os pescadores empregaban na caldeirada os peixes de menor valor, ou aqueles que rompían nas redes de pescar, ás veces para sazonar o peixe engadíaselle algo de auga do mar ao caldeiro.

Servir[editar | editar a fonte]

A caldeirada pode ser máis ou menos líquida dependendo da cantidade de peixe empregada, nalgúns casos é unha sopa con gran sabor concentrado de peixe, noutros casos é un prato cheo de anacos de peixe cocido. En calquera caso sérvese sempre quente, ás veces adoita acompañarse cuns anacos de pan torrado para poder aproveitar a sopa. Adóitase acompañar ben cun albariño ou un ribeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ranchos de a bordo. Cocina de nuestros pescadores, Cristino Álvarez, 2ª Ed. 1995.

Outros artigos[editar | editar a fonte]