Saltar ao contido

Yvonne Knibiehler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYvonne Knibiehler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Yvonne Andrée Agnès Azaïs Editar o valor en Wikidata
5 de outubro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Montpellier Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 2025 Editar o valor en Wikidata (102 anos)
Aix-en-Provence Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Aix-Marselha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaMignet historien « libéral » (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1970 Editar o valor en Wikidata)
Actividade
Ocupaciónhistoriadora Editar o valor en Wikidata
Empregadorlycée de jeunes filles de Nîmes (en) Traducir (1945–1949)
Universidade de Provenza Ais-Marsella I Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeQ132812625 Editar o valor en Wikidata
PaisEugène Azaïs Editar o valor en Wikidata  e Marie Azaïs Editar o valor en Wikidata
Premios

Yvonne Knibiehler, nada en Montpellier o 5 de outubro de 1922 e finada o 25 de febreiro de 2025,[1] foi unha académica, ensaísta, historiadora e feminista francesa. Nai de tres fillos, profesora emérita da universidade de Aix-en-Provence, especialista na historia das mulleres e da maternidade, implicada en todas as grandes causas do século XX, foi autora de varios libros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Yvonne Knibiehler estudou na Universidade de Montpellier de 1940 a 1944. Licenciouse en Xeografía e Historia en 1945.

Ensinou na escola secundaria en Nimes (Gard). Viviu en Marrocos entre 1949 e 1954 e ensinou en Oujda. Logo ensinou en Enghien (Seine-et-Oise), e, a continuación, no Liceo Théodore Aubanel en Avignon (Vaucluse) até 1964. Despois traballou na universidade, como axudante (1964), e como profesora (1970). Defendeu a súa tese de doutoramento en novembro de 1970 sobre François-Auguste Mignet, e, a continuación, foi profesora (1972) na Universidade de Provence (Aix-Marsella I). Retirouse en 1984, despois de se especializar na historia das mulleres, a familia e a saúde.

"Moitas veces contra a corrente do pensamento dominante, demostrou en pleno combate feminista que a maternidade seguía sendo unha cuestión central da identidade feminina. Hoxe, cando máis e máis mulleres son incitadas a volver aos seus fogares, denuncia o cansazo das nais. "(contracapa, Qui gardera les enfants ?)

Recoñememento

[editar | editar a fonte]
  • Chevalière de la Légion d'honneur
  • Chevalière des Palmes académiques
  • Chevalière de l'ordre national du Mérite
  • Naissance des sciences humaines : Mignet et l’histoire philosophique au XIXe siècle, París, Flammarion, 1973.
  • L'Histoire des mères du Moyen Âge à nos jours (avec Catherine Fouquet), édition illustrée Montalba, 1980 ; Hachette Pluriel, 1982.
  • La femme et les médecins (avec Catherine Fouquet, Hachette littératures, 1983.
  • Cornettes et blouses blanches. Les infirmières dans la société française 1880-1980 (avec Véronique Leroux-Hugon, Odile Dupont-Hesse, Yolande Tastayre), Hacette, 1984.
  • La femme au temps des colonies (avec Régine Goutalier), Stock, 1985, (2ª edición 1990).
  • Les pères ont aussi une histoire, Hachette, 1987.
  • Histoire des femmes (sous la direction de Georges Duby et Michelle Perrot), Plon, 1991, participation au tome IV.
  • Des français au Maroc : la présence et la mémoire, 1912-1956 (avec Geneviève Emmery et Françoise Leguay), Denoël, 1992.
  • La Révolution maternelle depuis 1945 : femmes, maternité, citoyenneté, Perrin, 1997.
  • Germaine Poinso-Chapuis. Femme d'État, Edisud, Aix-en-Provence, 1998.
  • Direction de l'ouvrage collectif Repenser la maternité, Panoramiques nº 40, 1999.
  • Histoire des mères et de la maternité en Occident, PUF, 2000, ("Que sais-je ?", nº 3539).
  • Maternité, affaire privée, affaire publique, (sous la direction), Bayard, 2001.
  • Histoire des mères et de la maternité en occident, 2002
  • La Sexualité et l'histoire, París, Odile Jacob, 2002, 267 p.
  • Avec Paul Cesbron, La Naissance en Occident, París, Albin Michel, 2004.
  • Direction Maternité et parentalité, (avec Gérard Neyrand), École Nationale de la Santé Publique ENSP, 2004.
  • Qui gardera les enfants ? Mémoires d'une féministe iconoclaste, Calmann-Levy, 2007, 318 p.
  • Histoire des infirmières en France au XXe siècle, Hachette littérature éd, Coll pluriel, 2008, 441 p.
  • La virginité féminine, mythes, fantasmes, émancipation, París : Odile Jacob, 2012, 221 p.
  1. "Yvonne KNIBIEHLER née AZAÏS - Avis de décès - Aix-en-Provence". www.simplifia.fr (en francés). Consultado o 2025-02-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]