Yellapragada Subbarao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYellapragada Subbarao

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(te) యల్లాప్రగడ సుబ్బారావు Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Bhimavaram, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1948 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeRaj Británico (–1947)
India (1947–)
Dominio da India Editar o valor em Wikidata
EducaciónMadras Medical College (en) Traducir
Facultade de Medicina Harvard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua telugu Editar o valor em Wikidata

Páxina webysubbarow.info Editar o valor em Wikidata

Yellapragada Subbarao, tamén escrito como Subba Raw, nado o 12 de xaneiro de 1895 e finado o 8 de agosto de 1948, foi un científico indio que fixo importantes achegas no tratamento do cancro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira nos Estados Unidos.

Orixe e educación[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia humilde da caste sacerdotal no departamento de Godavary, na actualidade no estado de Andhra Pradesh. Estudou na Escola de Medicina de Madrás grazas á axuda económica dalgúns amigos.

Subbarao intentou traballar para o servizo sanitario de Madrás pero non o conseguiu. Encontrou un emprego como profesor de anatomía na escola ayurvédica do Dr. Lakshmipathi's. Estaba fascinado polas posibilidades terapéuticas da medicina tradicional india e propúxose investigalas desde unha perspectiva moderna.

Un encontro fortuíto cun médico estadounidense, que estaba de visita cunha bolsa da fundación Rockefeller, cambiou a súa vida e emigrou aos Estados Unidos.

Carreira nos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Despois de obter un diploma da Harvard School of Tropical Medicine foi contratado polo centro como profesor axudante. Con Cyrus Fiske, desenvolveu un método para determinar o contido en fósforo en tecidos e fluídos corporais. Descubriu o papel da fosfocreatina e o ATP na actividade muscular. Obtivo o seu doutoramento en 1930.

Tras non lograr unha praza permanente en Harvard, foi contratado polos laboratorios Lederle (na actualidade, unha división de Wyeth). En Lederle, desenvolveu un método para sintetizar o ácido fólico, vitamina B9,[1] baseándose nos traballos de Lucy Wills no papel do ácido fólico contra a anemia. Tras este traballo, e a petición do Dr. Sidney Farber, desenvolveu o anticanceríxeno metotrexato, un dos primeiros medicamentos da quimioterapia oncolóxica, que aínda se segue usando.[2][3][4] Tamén descubriu a dietilcarbamazina que foi empregada pola OMS contra a filariose.[5] Baixo a dirección de Subbarao, Benjamin Duggar descubriu a primeira variedade da tetraciclina, chamada Aureomycin

Recoñecemento tardío[editar | editar a fonte]

O legado de Subbaro foi escurecido por outros logros e a súa falta de "autopromoción". Un avogado especialista en patentes asombrouse ao coñecer que nunca fixera o menor esforzo por protexer a propiedade intelectual dos seus descubrimentos. Xamais concedeu entrevistas, participou en congresos ou deu conferencias.

O seu colega George Hitchings, que compartillou o Premio Nobel de Medicina con Gertrude Elion, dixo, "Algúns dos nucleótidos illados por Subbarao tiveron que ser redescubertos anos máis tarde por outros investigadores porque Fiske, aparentemente por celos, non permitiu que os traballos de Subbaro saíran á luz."

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Farber S et al., "The Action of Pteroylglutamic Conjugates on Man", Science, 1947 Dec 19;106(2764):619-621; PMID 17831847
  2. Farber et al.'s article, publicado no New England Journal of Medicne en 1946.
  3. A tribute to Sidney Farber-- the father of modern chemotherapy Br J Haematol. 2006 Jul;134(1):20-6 PMID 16803563
  4. Diamond, L.K. (1985) This week’s citation classic Arquivado 12 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Current Contents
  5. [https://web.archive.org/web/20120211193539/http://whqlibdoc.who.int/hq/2002/WHO_CDS_CPE_CEE_2002.34_(p1-p51).pdf Arquivado 11 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. WHO Report on Global Filaria Control 2002]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]