Saltar ao contido

David O'Keefe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid O'Keefe
Biografía
Nacemento1824 Editar o valor en Wikidata
Morte1901 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Causa da mortemorte accidental Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariñeiro Editar o valor en Wikidata

David Dean O'Keefe, nado en 1824 ou 1828 e finado en 1901 no barco Santa Cruz, foi un capitán de barco de orixe irlandesa que se converteu nun persoeiro histórico e político da illa de Yap na Micronesia, no Pacífico Sur.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O'Keefe emigrou aos Estados Unidos en 1848 e estableceuse en Savannah, no Estado de Xeorxia. En 1871, como capitán de barco Belvedere, colleu rumbo ao Pacífico Sur, cara a Manila. En 1872 chegou por primeira vez a Yap, a bordo do Wreker, e alí traballou polo menos ata 1875 na empresa Webster & Cook, de Singapur, antes de establecerse como comerciante pola súa conta, con establecementos en Yap, en Palau e en Mapia. O'Keefe adquiriu varias embarcacións coas que levaba copra ata Hong Kong. En Yap chegou a adquirir moito poder ao proporcionarlle á poboación local ferramentas de ferro procedentes de Hong Kong e doutros lugares de Asia Oriental para facilitar a produción das tradicionais moedas de pedra características daquelas illas.[1][2][3][4]

Por mor da riqueza que adquiriu concedéuselle a propiedade dunha illa (a actual Tarang) na que era considerado como un rei.[5] O seu emblema consistía nunha bandeira estadounidense ondeando sobre as letras "OK". Chegou a ter dúas esposas yapesas, coas que tivo varios fillos na illa, malia estar xa casado en Savannah, onde tiña tamén unha filla.[1][2][3]

O'Keefe faleceu en 1901 no barco Santa Cruz, co que regresaba a Savannah, como resultado dun tifón, e deixou unha fortuna de arredor de medio millón de dólares.[1][2][3]

O libro titulado His Majesty O'Keefe (1950), de Laurence Kingman, céntrase na vida deste mariño en Yap, do mesmo xeito que a longametraxe homónima de 1954 (estreada en España co título de Su majestad de los mares del sur), dirixida por Byron Haskin e protagonizada por Burt Lancaster.[3][6][7]

  1. 1 2 3 4 "David Dean O'Keefe". En Beachcombers, Traders & Castaways in Micronesia Arquivado 18 de xullo de 2019 en Wayback Machine..
  2. 1 2 3 4 Hezel, F. X. (2008).
  3. 1 2 3 4 5 Dash, M. (2011).
  4. "Stone Money". En BBC News.
  5. "NRHP nomination for O'Keefe's Island". US Departement of Interior. National Park Service.
  6. Klingman, Lawrence; Green, Gerald (1950). His Majesty O'Keefe. Charles Scribner's Sons. Nova York.
  7. "His Majesty O'keefe". En IMDb.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]