Xutungos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Distribución das tribos xermánicas cara o 50.

Os Xutungos (en latín: Juthungi/Iuthungi; en alemán: Juthungen) foi unha tribo xermánica da estirpe dos alamáns, aínda que outros autores os relacionan con suevos,[1] asentada na rexión norte dos ríos Danubio e Altmühl, que hoxe é Baviera, en Alemaña.

Historia[editar | editar a fonte]

A tribo foi mencionada polos historiadores romanos Publio Herenio Dexipo e Amiano Marcelino. O significado do seu nome é "descendentes", e refírese á antiga tribo sueva dos Senones.[2]

Primeiras incursións[editar | editar a fonte]

Altar conmemorativo romano en Ausgsburgo (Alemaña).

Os xutungos invadiron Italia no 259-260, mais no camiño de retorno foron derrotados, xunto cos Semnones, preto de Augusta Vindelicorum (actual Augsburgo), no 24–25 de abril de 260 por Marco Simplicino Genial, como está inscrito no Altar Augusta, un altar conmemorativa romana atopada en 1992, no ano en que Póstumo xa era Augusto e cónsul xunto con certo Honoraciano. Daquela, o Imperio Romano perdera os Campos Decumanos, o limes nesta rexión.

A principios de 270, cando o emperador romano Claudio II, o Gótico, aínda estaba ocupado coa ameaza dos godos, produciuse unha nova invasión dos xutungos na Recia e no Norico. Claudio, obrigado a intervir, confiou o mando dos Balcáns a Aurreliano mentres el marchaba ao Sirmium, onde tiña o seu cuartel xeral e dende onde podía controla mellor o novo ataque[3], mais morreu, pouco despois, tras unha epidemia de peste que se produciu entre o seu exército en agosto.[4][5][6]

No xaneiro do 271, se produciu unha nova invasión conxunta de Alamáns, Marcomanos e quizais algunhas bandas de Xutungos en solo italiano (Dexipo menciónaos especificamente).[7] O novo emperador, Aureliano, viuse obrigado a socorrer Italia cando este pobos xa cruzaran os pasos alpinos e invadiran o val do Po. Ao chegar canda eles, dende Panonia percorrendo a Via Postumia a marchas forzadas, foi emboscado polos xermanos e sofreu unha derrota preto de Piacenza.[6]

«Aureliano quería enfrontarse ao exército inimigo todos xuntos, reunindo as súas forzas, mais preto de Piacenza sofreu tal derrota, que o Imperio Romano case cae. A causa desta derrota foi un movemento inxusto e intelixente por parte dos bárbaros. Eles, incapaces de enfrontaren o choque en campo aberto, houberon se refuxgiar nun bosque mesto e atacaron o noso por sorpresa pola noite.»
Historia Augusta - Aureliano, 21.1-3.

A medida que a campaña continuou, os xermanos dividíronse en numerosas bandas armadas. Aureliano reuniu novas forzas despois da derrota e perseguiunos, mentres os xermanos continuaron saqueando as cidades do Adriático, como Pesaro e Fano. Preto desta cidade, ao longo da Via Flaminia, a orillas do río Metauro, o emperador conseguiu vencelos varias veces, no camiño de regreso, na batalla de Pavía.[8][9][10][11][12][13]

Tras esta incursión, tomáronse medidas, seguramente en tempos de Diocleciano, para bloquea-lo camiño de futuras invasións fortalecendo o corredor que entre Pannonia e Dalmacia, entra na península italiana a través dos Alpes Xulianos: o chamado Claustra Alpium Iuliarum.[14]

Invasións de Recia[editar | editar a fonte]

Entre 356 e 358 os xutungos e os Alamáns invadiron a provincia de Recia, e destruíran Castra Regina (actual Ratisbona; Regensburg, en alemán) que era a capital da provincia romana, e un dos maiores campamentos militares romanos no sur de Alemaña, con muros de pedra maciza e unha aldea.

A segunda invasión de Recia ocorreu en 383 mais, desta vez, foi repelida por un exército composto de Alanos e Hunos. Entre 429 e 431 o xeneral romano Flavio Aecio tamén loitou contra os xutungos, en Recia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Watson (1999), p. 8
  2. Castritius (2005), p. 156
  3. Grant (1984), p. 240
  4. Scarre (1995), p. 184
  5. Watson (1999), p. 45
  6. 6,0 6,1 Roldán (2005), p. 422
  7. Desippo, Scythica, fragmento 7
  8. Grant (1984), p. 246
  9. Historia Augusta - Aureliano, 18.4
  10. Zosimo, Storia nuova, I, 49
  11. Aurelio Vittore, De Vita et Moribus Imperatorum Romanorum, 35.2
  12. Mazzarino, pp. 567–568
  13. Watson (1999), p. 51, 216 e seg.
  14. Maxfield (1989)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Castritius, Helmut (2005). "Semnonen". En Hoops, Johannes; Beck, Heinrich. Reallexikon der germanischen Altertumskunde (en alemán) 28. Berlín: de Gruyter. pp. 154–158. 
  • Grant, Michael (1984). Gli imperatori romani. Storia e segreti (en italiano). Roma: Newton Compton Editori. ISBN 88-8289-400-2. 
  • Lomas Salmonte, Francisco Javier; López Barja de Quiroga, Pedro (2004). Historia de Roma (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-460-1225-1. 
  • Maxfield, V.A. (1989). "L'Europa continentale". En Wacher, J. l mondo di Roma imperiale (en italiano). I (La formazione). Roma / Bari: Laterza. pp. 209–221. ASIN B00HWCXE6Q. 
  • Roldán Hervás, José Manuel (2005). Historia de Roma. Colección Manuales Universitarios, 57 (en castelán). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-823-0. 
  • Scarre, Christopher (1995). Chronicle of the Roman Emperors: the Reign-by-Reign Record of the Rulers of Imperial Rome (en inglés). Londres / Nova York: Thames & Hudson. ISBN 0-500-05077-5. 
  • Watson, Alaric (1999). Aurelian and the third century (en inglés). Londres / Nova York: 9780415072489. ISBN 9780415072489. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]