Flavio Morganti
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1962 Como, Italia |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, cociñeiro |
Flavio Morganti, nado en Como (Italia) en 1962, é un restaurador e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou traballando de restaurador en Suíza a finais da década dos setenta. Alí coñeceu a súa muller, Joaquina Prado, nada en Galicia, e instaláronse en Ourense a principios dos noventa. Proseguiu no negocio da hostalería ata que en 1991 abriu o restaurante Galileo, en Santa Baia (Pereiro de Aguiar). Posteriormente ampliou a súa rede empresarial cunha pizzaría (2001) e mais con outro restaurante (o Leovinci), situado en Allariz, en 2007. O seu libro Vacas obtivo o premio Gourmand 2007 ao mellor libro de cociña en España.
Obra
[editar | editar a fonte]- Vacas, 2007, con fotografía de Xurxo Lobato. Editorial Everest. Premio Gourmand 2007 ao mellor libro de cociña en España.