Saltar ao contido

Xosé Rubia Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Rubia Barcia
Nome orixinal(es) José Rubia Barcia Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1914 Editar o valor en Wikidata
Mugardos, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía hispánica, Literatura árabe, lingua árabe e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncrítico literario, ensaísta, xornalista de opinión, dramaturgo, escritor, tradutor, filólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX891736 Bitraga: 64 BUSC: rubia-barcia-xose-1914-1997 Dialnet: 1727603

Xosé Rubia Barcia, nado en Mugardos o 31 de xullo de 1914 e finado en Santa Monica (California) o 6 de abril de 1997,[1] foi un escritor e crítico literario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Ferrol e posteriormente trasladouse a Granada para estudar Filosofía e Letras. En 1935 obtivo a licenciatura de Letras con premio extraordinario. Colaborou no xornal Política. Foi agregado da Universidade de Valencia e xefe de redacción da revista Armas y Letras, órgano de Milicias de la Cultura. Nos últimos meses da guerra civil española foi xefe de negociado da Subsecretaria de Armamentos do Ministerio da Guerra. Acabada a guerra e logo de pasar por un campo de concentración francés, logrou chegar a Cuba onde deu conferencias e fundou a Escola Libre da Habana e a Academia de Artes Dramáticas. Permaneceu na illa ata 1943, ano en que marchou a Estados Unidos de América para ensinar na Universidade de Princeton, pasando despois a Nova York. En 1944, traballou de comentarista e escritor do programa en español da radio norteamericana da Office of War Information. Ese mesmo ano marchou con Luis Buñuel a Hollywood e traballou como escritor e director de dobraxes nos estudios Warner Brothers. Escribiu con Buñuel guións cinematográficos, tales como, La novia de los ojos ensangrentados e La novia de la medianoche. En 1945 casou coa actriz Eva López, nos Ánxeles. A partir de 1954 pertenceu ao claustro do Departamento de Español e Portugués da Universidade de California, en Los Ángeles, do que chegou a ser titular en 1961, e desde 1985, profesor emérito de Literatura española.

En 1954 estivo a punto de ser deportado pola "Caza de Bruxas" do senador Joseph McCarthy e ao ano seguinte trasládase a Portugal para ver a súa familia; como llo impediron, trasladase coa súa muller a París.

Obtivo o Premio José Vasconcelos en 1983 e ese mesmo ano foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[2]

  • Noche de Galicia.
  • Tres en uno.
  • España y IV.
  • El esperpento y su signo universal.
  • La Pardo Bazán y Unamuno.
  • Umbral de sueños.
  • Poetas españoles en USA.
  • Lengua y cultura.
  • Mascarón de proa.
  • Memoria de España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]