Saltar ao contido

Xosé Lois Foxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Lois Foxo
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Romeor, España Editar o valor en Wikidata
Educaciónseminario de Lugo
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX931752

Xosé Lois Foxo Rivas, nado en Romeor (Folgoso do Courel) o 12 de outubro de 1950, é un gaiteiro, musicólogo e escritor galego.

En 2024 recibiu a Orde do Mérito Civil de España.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Diplomouse en Ciencias Eclesiásticas no Seminario de Lugo. Alí recibiu a súa primeira formación musical da man do mestre Castiñeira, e foi membro da Orquestra da Escola Cantorum como clarinete e gaiteiro solista. Fundou o grupo Toxos e Xestas en Lugo, en 1969. Posteriormente trasladouse a Barcelona para proseguir os seus estudos, licenciándose en tradución e interpretación nas linguas de alemán e inglés pola Universidade Autónoma de Barcelona. Na capital catalá fundou a Escola de Toxos e Xestas,[2] pola que pasaron centos de fillos de galegos ao longo dos dez anos que permaneceu na cidade condal. Escribiu nese tempo o seu primeiro libro centrado na gaita, e que se titulou Os segredos da gaita. Tamén naquela época, mentres facía o servizo militar, funda unha banda de gaiteiros militares no cuartel de Sabiñánigo (provincia de Huesca).

Polémica

[editar | editar a fonte]

Cando chegou a Ourense fundou a Escola provincial de gaitas e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.[3] Con esta banda foi convidado, a finais da década de 1980, ao Festival Intercéltico de Lorient. No regreso da viaxe, avergoñado pola comparanza da súa formación musical coas dos restantes países celtas, introduciu nela unha serie de modificacións inspiradas nas bandas militares escocesas.[4][5] Substituíu a gaita galega pola gaita marcial, instrumento da súa invención similar á gaita das Highlands, mudou a percusión tradicional por percusión moderna de alta tensión, e ideou novas vestimentas e novos xeitos de tocar e desfilar.[6] Estes cambios estendéronse, con financiamento público, a outras bandas de gaitas galegas, o que creou unha polémica, coñecida como guerra das gaitas,[7] con sectores culturais defensores dun modelo de banda máis apegado á tradición galega.[8] En 1993, foi expulsado da Asociación de Gaiteiros Galegos por entender que co seu labor se premiaba a gaita escocesa fronte á galega.[9]

Como compositor

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa vida artística compuxo pezas como "Gallaecia", con motivo da primeira toma de posesión do presidente Fraga, e que foi estreada por 1.500 gaiteiros na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Dedicoulle outras obras a personaxes senlleiros como a muiñeira da Infanta Helena de Borbón ou a Muiñeira de Wojtyla.

  • Os Segredos da Gaita. Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788496011861
  • Rapsodia de Aires populares de Galicia Felipe de Borbón, Deputación Provincial de Ourense.
  • Tambor, tenor y bombo con florituras, Deputación Provincial de Ourense.
  • Museo Internacional de Cornamusas, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cantares da Tía Antonia de Atás, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cantares da cega do Covelo, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cantares das terras das Frieiras - A Gudiña, Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788496011427
  • Os Louzeriños, Deputación Provincial de Ourense.
  • Músicas do Caurel I , Deputación Provincial de Ourense
  • Músicas do Caurel II, Deputación Provincial de Ourense.
  • Músicas do Caurel III, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cancioneiro das Terras do Riós, Vol. I. Deputación Provincial de Ourense, 2007.
  • Autoaprendizaxe da gaita/The gaita self-learnging, DVD.

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  1. P, E. (2024-06-19). "El Rey condecora al director de la Real Banda de Gaitas de Ourense". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-06-21. 
  2. Rodríguez, Rodríguez (20 de xaneiro de 2019). "Xosé Lois Foxo: «La Escuela de Gaitas de la Real Banda convirtió al gaiteiro en músico de pentagrama»". somoscomarca.es (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  3. "El musicólogo Xosé Lois Foxo presentó en la Casa de Galicia su "Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives"". casadegalicia.xunta.gal (en castelán). 19 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  4. Caneiro, Santiago (12/1995). "A Asociación de Gaiteiros Galegos e as memorias dun conflito" (PDF). Cadernos A Nosa Terra (20). 
  5. A gaita galega III. Naqueles tempos 13 - TVG (TVG). 2016. p. 57m.15s. 
  6. "Análise 1". Colectivo en defensa da gaita (CDG) (en castelán). Consultado o 2021-07-08. 
  7. Asociación de Gaiteiros Galegos (1995). "As letras da memoria: "A guerra das gaitas... ou as gaitas da guerra?"". Do brillante (1). 
  8. "COLECTIVO EN DEFENSA DA GAITA (CDG)". cdgaitagal. Consultado o 2021-06-23. 
  9. "20 de mayo de 1993 - LOS GAITEIROS EXPULSAN A XOSÉ LOIS FOXO". laregion.es (en castelán). 20 de maio de 1993. Consultado o 15 de outubro de 2023. 
  10. Redacción (28 de marzo de 2021). "Xosé Lois Foxo, medalla de oro de la Orden do Camiño de Santiago". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]