Real Banda de Gaitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense é unha banda de gaitas fundada en Ourense por Xosé Lois Foxo.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda é dependente da Deputación de Ourense. Conta tamén cunha Escola Provincial de Gaitas, tamén dependente da Deputación, na que se imparten clases tanto de gaita como de percusión. Nas súas actuacións emprega gaitas en Si bemol, gaitas de "barquín" (sopro mecánico), afinadas en fa agudo e fa grave, así coma unha sección de percusión formada por redobrantes de alta tensión, tambores tenores, bombos, pandeiretas e tarrañolas. Conta tamén unha sección de bastóns de mando e una sección de pandereteiras. O seu repertorio abrangue tanto música tradicional galega como dos países chamados 'celtas', e en certos casos, con música procedente de outras culturas do mundo.

Na súa sede a agrupación conta cun Museo da Gaita, no que se exhiben diversos exemplares do instrumento, así como iconografía diversa relacionada.

Polémica[editar | editar a fonte]

En torno este tipo de agrupacións existe unha forte polémica derivada das innovacións introducidas. Dado que de Ourense foi a primeira e, sen dúbida, a máis coñecida deste tipo de formacións, é obxectivo de moitas e moi fortes críticas. Aqueles que están en contra opinan que ditas innovación afastan a banda totalmente da música e da cultura tradicional galega, destacando que:

  • Empréganse instrumentos que non se consideran tradicionais. A agrupación emprega gaitas morfoloxicamente distintas a gaita galega, coa ronqueta e o chillón colocados ao par do ronco, de xeito similar as gaitas escocesas. Tamén percusión de alta tensión, tanto nos bombos como nos redobrantes. Estes cambios non só afectan a imaxe dos instrumentistas senón o son e musicalidade.
  • Os traxes empregados durante as actuacións inclúen en ocasións capas ou pantalóns frouxos, que tamén parecen asimilados da tradición escocesa.
  • A marcialidade da banda está moi alonxada das formacións habituais, sendo semellantes a desfiles.

Distincións[editar | editar a fonte]

A banda recibiu o título de Real polo Rei Xoán Carlos I de España. Posúe moitos outros galardóns e recoñecementos de carácter nacional e internacional e de varias casas galegas, e ten actuado para diversos persoeiros e representantes políticos.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anuario da Gaita (publicado dende o ano 1986)

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Muiñeira para Elisa (1995)
  • Banda de Gaitas do Caurel: o son dos eidos
  • Cantares da serra do Caurel - Ilda Álvarea Macía (2009)
  • Festa do San Pedro en Ferreirós Os Padernes (1974)
  • Ano Santo (1994)
  • Gallaecia (1994)
  • Adelita
  • Terras altas do Cebreiro (1995)
  • Solistas Real Banda de Gaitas (1995)
  • Gaudeamus Igitur
  • Cantigas de Ourense (con Xapón no recordo)
  • Concerto no Teatro Avenida de Bos Aires (1998)
  • O camiño
  • Muiñeira de Wojtyla
  • St. Patrick's day parade New York, March 2000 (2000)
  • Festa Celta
  • Cantigas do Mar
  • Gran Rapsodia de Aires Populares de Galicia
  • Muiñeira para Chus
  • Centenario Estrella Galicia (2006)
  • Concerto Atox (2006)
  • Cantiga de Berce para a Infanta Sofía
  • Himnos e marchas procesionais de Galicia
  • Cantares Populares (con Miriam Figueiras)
  • Himno Galego (con María do Ceo) (2007)

Videografía[editar | editar a fonte]

  • Filandón de Músicas do Caurel
  • Concertos monumentais Provincia de Ourense
  • Concertos a súa santidade o papa Xoan Paulo II
  • Concerto de Nadal 2005
  • Concerto Real Banda Burgos (2007)
  • Concerto Real Banda Salamanca (2007)
  • Concerto en Lausane, Suiza (2007)
  • Viaxe a Exipto (2008)
  • Concerto de Reis (2008)
  • Marco Foxo Gañador Solistas 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Xosé Lois Foxo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial da Real Banda