Conflito das Encrobas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Central térmica de Meirama.

O conflito das Encrobas foi un conflito social que tivo lugar en 1977, logo de seren expropiadas as terras das Encrobas para a explotación das minas de lignito e para a instalación da central térmica de Meirama.

Conflito[editar | editar a fonte]

Malia o descontento veciñal, no seu momento tivo moi pouca repercusión entre os medios de comunicación e entre as institucións, tratándose dun problema moi local. A parroquia das Encrobas sufriu un éxodo rural acusado.

No ano 2007, o conflito estendeuse ao lugar de Lousa, na mesma parroquia das Encrobas, ao publicarse unhas análises que demostraban a toxicidade das cinzas que expulsan as chemineas da central.

A zona perimétrica da central atópase moitas veces recuberta cun manto de cinzas de dubidosa sanidade, que os veciños din que nin deixa medrar a froita. Un dos exemplos máis claros é o próximo val de Barcia, coñecido noutrora polas súas cereixas. Outros concellos máis afastados sofren tamén desta contaminación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]