Un xogo social é aquel xogo no que interactúan dúas ou máis persoas, a miúdo en ambientes pechados. Estes xogos requiren principalmente da habilidade mental dos participantes, en contraposición aos deportes que destacan o esforzo físico. Non hai unha definición estrita e universal, pero os xogos sociais adoitan ser opostos a aqueles que se xogan en solitario e que son controlados por un único xogador.
Pode referirse a xogos de mesa, outros xogos presenciais en interiores ou ao aire libre ou videoxogos que permiten ou requiren a interacción social entre xogadores en oposición aos xogos que se xogan en solitario, aos deportes, aos xogos que se xogan en torneos ou competicións ou aos xogos de aposta.[2]
O xogo social é un comportamento común en moitos mamíferos e algunhas aves,[3] sendo fundamental para o seu desenvolvemento e aprendizaxe. Mediante estas actividades, os animais fortalecen habilidades físicas e sociais. Moitos depredadores ou herbívoros participan en persecucións e loitas simuladas, como os chimpancés, elefantes ou papagaios e corvos involúcranse en xogos que desenvolven destrezas como compartir obxectos e imitar sons.
Os seres humanos, ademais de xogar de forma simbólica, evolucionan na súa interacción lúdica. Un neno pode ver unha pedra como un carro, exemplificando o xogo simbólico. Co paso do tempo, esta forma de xogo da paso a un xogo máis social e posteriormente formal, subliñando a importancia da interacción social no desenvolvemento humano.
A orixe dos xogos sociais pódese rastrear até as antigas civilizacións. As representacións pictóricas máis antigas de xogos de mesa foron encontradas no Antigo Exipto e Babilonia, por exemplo o xogo real de Ur, encontrado nas tumbas reais data de entre 2600 a 2400 a. C. No entanto, os xogos sociais non son exclusivos destas rexións, xa que hai evidencias de que se xogaron por todo o mundo.
Hai xogos sociais moi antigos que aínda se xogan hoxe, como o Go.
Xogos de cartas, que implican varios xogadores, é dicir, excluíndo paciencias ou solitarios
Xogos de mesa, nos que se colocan, eliminan ou moven fichas ou pezas nunha superficie premarcada segundo un conxunto de regras.
Xogo de guerra en miniatura, unha forma de xogo de guerra que incorpora figuras en miniatura, armaduras en miniatura e terreo modelado, ou máis xenericamente, xogos de estratexia.
Xogos de rol de mesa, un xogo no que os xogadores asumen os papeis de personaxes nun escenario ficticio
Outros xogos sociais presenciaisXogo da chave, xogo tradicional entre o xogo social e o deporte.
Xogos de azar, un xogo cuxo resultado está fortemente influenciado por algún dispositivo aleatorio
Xogo de atrevimentos, é un xogo no que as persoas se atreven a realizar accións que normalmente non farían.
Xogos de salón, ou xogos de Parlour, xogos de interior como charadas
Xogos de rol de acción en directo, unha forma de xogo de rol onde os participantes representan fisicamente as accións dos seus personaxes
Xogos móbiles, que poden incluír xogos de redes sociais, que se xogan en dispositivos móbiles (en inglés chamados social network games)
Xogos de redes sociais, xogos que teñen elementos ou integración de redes sociais
Dados na praza de Santiago en Logroño, onde se representa un xogo da oca xigante.Videoxogos multixogador, onde máis dunha persoa pode xogar ao mesmo tempo no mesmo ambiente de xogo
LAN parties, unha reunión temporal de persoas que establecen unha rede de área local (LAN), principalmente co propósito de xogar a xogos de ordenador multixogador
Xogos en liña multixogador masivo, videoxogos nos que un gran número de xogadores poden estar no mesmo servidor ao mesmo tempo
Os xogos de azar en liña (ou xogos de azar por Internet) son calquera tipo de xogo realizado en Internet.
O xogo social ofrece numerosos beneficios para o desenvolvemento dos individuos, incluíndo a mellora da coordinación física, o desenvolvemento de habilidades sociais e a capacidade de resolver problemas en grupo. Os xogos sociais non só ofrecen entretemento, senón tamén promoven a interacción social, a cooperación e a competencia saudable. Desenvolven habilidades cognitivas e promoven o pensamento estratéxico e crítico.
Con todo, hai que ter presente que os xogos físicos poden supoñer risco de lesións, en caso dos xogos de aposta, o xogo social tamén pode desenvolver condutas adictivas ou patolóxicas como a ludopatía.[4] Algúns "xogos de bebida" incitan a un consumo social de alcohol, e outros como o Snapdragon poden incluñir o risco de queimaduras.