Xoaquín Álvarez Corbacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoaquín Álvarez Corbacho
Xaquín Álvarez Corbacho-Praza Publica.jpg
Nacemento1942
 O Grove
Falecemento23 de xuño de 2021
 O Grove
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e economista
PaiJoaquín Álvarez Lores
editar datos en Wikidata ]

Xoaquín Álvarez Corbacho, nado no Grove o 19 de abril de 1942 e finado no mesmo concello o 23 de xuño de 2021, foi un político, economista, ensaísta e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou estudos nas Universidades de York e Leicester. De mozo foi tamén futbolista, pasando por clubs como o Real Club Celta (de 1960 a 1964)[1] ou o Racing de Santander. [2] Militou no PCG,[3] e foi o primeiro alcalde do Grove da democracia co PCG (1979-1981).[4] Durante o seu mandato conseguiu da condesa de Fenosa a cesión dunha parte importante da illa da Toxa ao concello do Grove.[5]

Foi catedrático de Facenda Pública da USC, vicerreitor de Asuntos Económicos na USC (1985-1990)[4] e catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e, tamén, foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia.[6][7]

As súas investigacións centrábanse na teoría do federalismo fiscal, as facendas territoriais[8], a economía da educación e os efectos económicos das infraestruturas do transporte. Foi un experto en municipalismo.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2013, recibiu un dos Premios 10 de Marzo[10], entregado pola Fundación 10 de Marzo e o Sindicato Nacional de CCOO de Galiza.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernando Rey Tapias (18 de mayo de 2021). Vídeo con entrevista sobre a súa vida deportiva (youtube). 
  2. Ficha de Joaquín Alvarez na web Yo jugué en en Celta, consultado o 6 de marzo de 2013
  3. Baamonde, Antón (24 de xuño de 2021). "Xoaquín Álvarez Corbacho, un economista luminoso". eldiario.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Redacción (26 de xuño de 2021). "El catedrático Xaquín Álvarez Corbacho falleció en O Grove, donde había sido alcalde". mundiario.com (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  5. "Se nos fue Álvarez Corbacho". lavozdegalicia.es. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  6. Salgado, Fernando (24 de xuño de 2021). "Se nos fue Álvarez Corbacho". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  7. González, Serxio (23 de xuño de 2021). "Xaquín Álvarez Corbacho, el alcalde comunista de O Grove que jugó en el Celta". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  8. "Un economista heterodoxo". Praza Pública. 2021-06-28. Consultado o 2021-06-28. 
  9. Manuel Vázquez Sola (16 de abril de 2015). Video con breve entrevista sobre este libro (youtube). 
  10. "CCOO lamenta o falecemento do compañeiro Xaquín Álvarez Corbacho, colaborador activo do sindicato e da súa fundación". CCOO Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-30. 
  11. Redacción (23 de xuño de 2021). "Pesar polo falecemento de Xaquín Álvarez Corbacho". nosdiario.gal. Consultado o 24 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Alfredo Bea Gondar
 Escudo O Grove.svg
Alcalde do Grove
 
1979 - 1981
Sucesor:
José María Mourelos Muñiz
  1. "Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela /C.Completo". 193.144.75.24. Consultado o 2021-06-28.