Perfecto Yebra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPerfecto Yebra
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

24 de abril de 1978 – 11 de outubro de 1979
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
9 de abril de 2003Democracia sen rabia Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 58797

Perfecto Yebra Martul-Ortega, nado na Habana o 16 de xullo de 1939, é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1966, e doutor en Dereito pola mesma Universidade (1970), realizou estudos en Salzburg, Radolfzell, Coímbra, Heidelberg e Colonia. Foi profesor de Economía e Facenda Pública e catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Facultade de Dereito da USC. Dende o 1 de outubro de 2004 é catedrático emérito da Universidade de Santiago. Foi maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1991).

Integrouse no Partido Gallego Independiente de José Luis Meilán Gil. Foi deputado por UCD pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte e na I lexislatura. Secretario da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, participou na redacción do acordo preautonómico e foi Vicepresidente da Comisión Mixta de transferencias Goberno-Xunta de Galicia. Foi membro do Consello de Europa en representación de UCD (1979) e do Consello de Dirección da Unión Interparlamentaria (1979-1982), membro da Comisión Mixta Parlamento Europeo - Parlamento Español (1979-1982). Integrouse en Coalición Galega sendo responsable da elaboración do seu programa político. Fundou o Clube Nacionalista Alén Nós en 1986, do que foi secretario. Foi director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (1987-1988), voceiro da Xunta Electoral de Galicia (1982-1994 e 1997-1999) e concelleiro de Santiago de Compostela polo PPdeG (1999-2003).

É membro da Orde ao Mérito Constitucional, voceiro do Padroado do Museo do Pobo Galego e membro da Asociación Alexander Von Humboldt de España.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La descentralización económico-financiera en Alfredo Brañas, 1971.
  • Castelao e a facenda galega, 1989.
  • Los principios del derecho financiero y tributario en la ley fundamental de Bonn, 1991.
  • Constitución financiera española: veinticinco años, 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]