Santiago Lago Peñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (53/54 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Santiago Lago Peñas, nado en Vigo en 1971[1], é un economista galego, director do Foro Económico de Galicia[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Economía en 1994 pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou catro anos máis tarde[3]. É profesor da Universidade de Vigo no seu departamento de Economía Aplicada, con rango de catedrático.
A súa área de investigación principal é a economía pública e, máis especificamente, federalismo fiscal e descentralización[3].
Ten publicado máis de 100 traballos en distintas revistas especializadas nacionais e internacionais[3], e tamén ten realizado estadías de investigación en universidades europeas (Friburgo, Rennes I, IEP París, Pau) e canadenses (Acadia, Alberta e Queen's). É editor executivo de 'Hacienda Pública Española - Review of Public Economics', a revista científica do Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda[4].
É investigador asociado ao Institut d'Economia de Barcelona (IEB) e colaborador de FUNCAS, codirector da rede de investigadores RIFDE, director do Foro Económico de Galicia e director das Cátedras de empresa familiar e finanzas rexionais da Universidade de Vigo. Experto para o Banco Mundial, a Comisión Europea, a OCDE, o Foro de Federacións, a Corporación RAND e a Asemblea de Rexións Europeas. Foi elixido polo Parlamento de Galicia como o representante de Galicia para a reforma do sistema de financiamento autonómico[5]. Asemade, pertence ao Comité de persoas expertas para a reforma do sistema tributario do Ministerio de Facenda (2021-2022). É membro do comité asesor da Fundación Transforma España.
Foi coordinador do grupo de expertos creado pola Xunta de Galicia para afrontar os retos económicos formulados pola COVID-19 e conselleiro da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos en Galicia. Foi tamén conselleiro do Consello Económico e Social de Galicia entre 2003 e 2011.
Ten colaborado con prensa escrita e radiofónica (El Mundo, Faro de Vigo, SER e Radio Nacional).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de investigación Josep Maria Vilaseca i Marcet (2010) do Institut de Estudos Autonómics da Generalitat de Cataluña[6] pola obra Descentralización y control electoral de los gobiernos en España, publicada a canda Ignacio Lago.
Obras
[editar | editar a fonte]- 2002 - Los efectos del gasto público sobre el crecimiento económico: el caso de comunidades autónomas. A Coruña: Instituto de Estudios Económicos de Galicia, Pedro Barrié de la Maza. Publicado con Luis Caramés. ISBN 84-9752-003-3
- 2006 - Vinte e cinco anos de autonomía en Galicia: mudanzas políticas e económicas. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Publicado con Ignacio Lago. ISBN 9788445343270
- 2007 - Delimitación da área metropolitana funcional de Vigo. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Libro colectivo.
- 2007 - Globalización, competencia e deslocalización. Perspectivas dende Galicia. Santiago de Compostela: Consellaría de Economía e Facenda. Publicado con Albino Prada, Xan López Facal, J.M. García Vázquez, Manuel Lago e Xosé H. Vázquez.
- 2008 - Territorio, financiamento e control do gasto. Vigo: Galaxia. Publicado con Xoaquín Álvarez Corbacho.
- 2008 - Presente e futuro do municipalismo galego. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Publicado con Alberto Vaquero. ISBN 9788445345948
- 2008 - A convivencia plural. Dereitos e políticas de xustiza. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Co-coordinado con Jorge Álvarez Yagüez. ISBN 978-84-453-4609-9
- 2008 - Ética pública: desafíos e propostas. Santiago de Compostela: EGAP. Editado con Antonio Izquierdo. ISBN 9788472904149
- 2009 - Galicia, unha economía europea, 1986-2006. Vigo: Galaxia. Publicado con Albino Prada. ISBN 978-84-9865-182-9
- 2011 - Descentralización y control electoral de los gobiernos en España. (en castelán) Barcelona: Generalitat de Catalunya. Publicado con Ignacio Lago Peñas. ISBN 978-84-393-8792-3.
- 2011 - As estatísticas sobre o mundo local galego: análise e perspectivas. A Coruña: Deputación da Coruña. Publicado con Patricio Sánchez Fernández. ISBN 978-84-9812-151-3
- 2016 - Descentralización y sistema tributario. Lecciones de la experiencia comparada. Madrid: Fundación Impuestos y Competitividad. Publicado con Alberto Vaquero. ISBN 978-84-608-6627-5
- 2017 - Economía sumergida y fraude fiscal en España. ¿Qué sabemos? ¿Qué podemos hacer?.Arquivado 23 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Madrid. Funcas. Publicado con Xoaquín Fernández Leiceaga. ISBN 9788415722861
- 2018 - El sector público español. Reformas pendientes. Madrid. Funcas. Publicado con Alain Cuenca. ISBN 978-84-17609-25-2
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán dos tamén economistas Manuel Lago e Ignacio Lago Peñas, e do profesor de xestión deportiva Carlos Lago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Santiago Lago Peñas: "Hay que introducir la productividad en las nóminas, aunque sea difícil de medir"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-04-14.
- ↑ "Socios executivos". Foro Económico de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 2020-04-14.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "CV de Santiago Lago" (PDF). Web persoal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020.
- ↑ "Editorial Board. Hacienda Pública Española / Review of Public Economics" (en inglés). Consultado o 2020-04-14.
- ↑ "PP y PSdeG pactan el experto que negociará la nueva financiación". ABC (en castelán). 2017-01-28. Consultado o 2020-04-14.
- ↑ "El doctor Joan Oliver Araujo, catedràtic de Dret Constitucional de la UIB, rep el III premi internacional Josep Maria Vilaseca i Marcet". diari.uib.es (en catalán). 25-11-2011. Consultado o 13-4-2020.