Xoán XI Pedro al-Hilu
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Ghosta, Líbano (en) |
| Morte | 12 de maio de 1823 |
| Bispo titular | |
| 1786 – Diocese: Akka (en) | |
| Bispo auxiliar | |
| 1786 – | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1786–), sacerdote católico |
| Consagración | Xosé VI Istifan |
Xoán XI Pedro al-Hilu (en árabe: يوحنا بطرس الحلو, Yuwhana Butrus al-Hilu), nado en Rusta (Líbano) e finado no mosteiro de Qanubin no val de Qadixa o 12 de maio de 1823, foi o 67º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 8 de xuño de 1809 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Rusta. Como patriarca, restaurou a sé de Qanubin, abandonada dende os tempos do patriarca Xacobe IV, onde viviu a partir de 1811.[1] Recuperou moitas propiedades da Igrexa que lle foran arrebatadas.[1] Tamén converteu os mosteiros de Kfar Hai e de Qulaiat en colexios patriarcais en 1812 e 1817, respectivamente.[1] En 1818 convocou un concilio xeral maronita. Finou no cargo o 12 de maio de 1823 no mosteiro de Qanubin.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Xoán VII Pedro al-Tian |
Patriarca de Antioquía e todo o Levante 1809 - 1823 |
Sucesor: Xosé VIII Pedro Hubaix |
