Antón I Pedro Arida
Aparencia
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de agosto de 1863 Bxari |
| Morte | 19 de maio de 1955 Bkerke |
| 73º Patriarca de Antioquía dos maronitas | |
| 8 de xaneiro de 1932 – 19 de maio de 1955 (morte) ← Elías Pedro Huayik – Paulo II Pedro al-Mauxi → | |
| Bispo diocesano | |
| 7 de xuño de 1908 – ← Istifan Auad – Antoine Abed (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica maronita |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1908–), sacerdote católico (1890–) |
| Consagración | Elías Pedro Huayik |
| Premios | |
Antón I Pedro Arida (en árabe: أنطون بطرس عريضة, Antun Butrus Aridah), nado en Bxari (Líbano) o 2 de agosto de 1863 e finado o 19 de maio de 1955, foi o 73º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 8 de xuño de 1932 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antón Arida naceu en Bxarri, no distrito homónimo, o 2 de agosto de 1863. Foi ordenado sacerdote o 28 de setembro de 1890, e exerceu de secretario do patriarca Xoán XII Pedro.
O 7 de xuño de 1908 foi nomeado bispo de Trípoli. Recibiu a consagración episcopal o 18 de xuño de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Elías Pedro.
O 8 de xaneiro de 1932 Arida foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 19 de maio de 1955.
Notas
[editar | editar a fonte]| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Istifan Auad |
Bispo de Trípoli 1908 - 1933 |
Sucesor: Antun Abid |
| Predecesor: Elías Pedro Huayik |
Patriarca de Antioquía e todo o Levante 1890 - 1955 |
Sucesor: Paulo II Pedro al-Mauxi |
