Xoán XII Pedro al-Hax
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de novembro de 1817 Dlebta |
| Morte | 24 de decembro de 1898 Bkerke |
| Bispo diocesano | |
| 5 de agosto de 1861 – ← Anton El-Khazen (en) Diocese: Maronite Catholic Eparchy of Baalbek-Deir El-Ahmar (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1861–), sacerdote católico (1839–), patriarca |
| Consagración | Paulo I Pedro Masad |
Xoán XII Pedro al-Hax (en árabe: يوحنا بطرس الحاج, Yuwhana Butrus al Hax), nado no distrito de Kisruan (Líbano) o 1 de novembro de 1817 e finado o 24 de decembro de 1898, foi o 71º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 28 de abril de 1890 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xoán al-Hax naceu en Dlibta, no distrito de Kisruan, o 1 de novembro de 1817, fillo do párroco da aldea. Estudou no seminario de Ain Warqah e foi ordenado sacerdote o 26 de decembro de 1839.
Foi elixido bispo de Balbik, e recibiu a consagración episcopal o 15 de agosto de 1861, de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Paulo I Pedro.
Logo do pasamento de Masad, o 28 de abril de 1890 al-Hax foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 24 de decembro de 1898.
Notas
[editar | editar a fonte]| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Antun al-Khasin |
Bispo de Balbik 1861 - 1890 |
Sucesor: Yuhana Murad |
| Predecesor: Paulo I Pedro Masad |
Patriarca de Antioquía e todo o Levante 1890 - 1898 |
Sucesor: Elías Pedro Huayik |