Elías Pedro Huayik
Elías Pedro Huayik | |
---|---|
![]() | |
Patriarca da Igrexa Católica Maronita | |
Biografía | |
Nacemento | 4 de decembro de 1843 en Halta, distrito de Batrun, Gobernación do Líbano Setentrional, Líbano |
Pasamento | 24 de decembro de 1931 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 1870 |
Consagración episcopal | 14 de decembro de 1889, por Paulo I Pedro Masad |
Elixido patriarca | 6 de xaneiro de 1899 |
Patriarca de Antioquía dos Maronitas | |
1899 - 1931 | |
Predecesor | Xoán XII Pedro al-Hax |
Sucesor | Antón I Pedro Arida |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Elías Pedro Huayik[1] (en árabe: إلياس بطرس الحويك, Ilias Butrus al-Huwayik), nado en Halta (Líbano) o 4 de decembro de 1843 e finado o 24 de decembro de 1931, foi o 72º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 6 de xaneiro de 1899 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Ilias Huayik naceu en Halta, no distrito de Batrun, o 4 de decembro de 1843.[2] Foi o maior de sete irmáns, 3 homes e 4 mulleres: Sadala, Liun, Mubarki, Nura, Marina e Mahmoubi, quen sería superior xeral do convento de San Xoán de Hiraxi, no distrito de Kisruan.[2]
Manifestou interese por estudar, e os seus pais enviárono á escola de San Xoán Marón en Kfar Hai en 1851, e onde estivo até 1859.[2]
Estudou no seminario de San Marón e foi ordenado sacerdote en 1870.
Bispo[editar | editar a fonte]
Foi nomeado arcebispo auxiliar do patriarcado de Antioquía e todo o Levante e arcebispo auxiliar de Arca in Armenia, e recibiu a consagración episcopal o 14 de decembro de 1889, de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Paulo I Pedro.
O 6 de xaneiro de 1899 Huayik foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 24 de decembro de 1931.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Zoghbi, Marie-Roger (1991). Une gloire du Liban: le patriarche Elias Hoyek. Araya, Líbano: Imprimerie catholique.