Paulo II Pedro al-Mauxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paulo II Pedro al-Mauxi
Patriarca da Igrexa Católica Maronita
Biografía
Nacemento 1 de abril de 1894, en Xasin, distrito de Xasin, Gobernación do Líbano Meridional, Líbano
Pasamento 11 de xaneiro de 1975,
Ordes
Ordenación sacerdotal 7 de decembro de 1917
Consagración episcopal 8 de decembro de 1934, por Antón I Pedro Arida
Creado cardeal 22 de febreiro de 1965, por Paulo VI
Elixido patriarca 25 de maio de 1955
Patriarca de Antioquía dos Maronitas
Cardeal-Bispo de Antioquía dos Maronitas
1955 - 1975
Predecesor Antón I Pedro Arida
Sucesor Antón II Pedro Khuraix
Cargos anteriores Bispo de Tiro (1934 - 1955)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

‏ ‎

Paulo II Pedro al-Mauxi[1] (en árabe: بولس بطرس المعوشي, Bulus Butrus al-Mauxi), nado en Xasin (Líbano) o 1 de abril de 1894 e finado o 11 de xaneiro de 1975, foi o 74º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 25 de maio de 1955 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Foi tamén cardeal da Igrexa Católica dende 1965.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu en Xasin (entón no mutasarrifato do Monte Líbano, hoxe na gobernación do Líbano Meridional, no Líbano) o 1 de abril de 1894.[2] Estudou na escola dos alepianos de Dair‎‎ al-Qamar e posteriormente na escola Al-Hikma de Beirut, e posteriormente estudou Teoloxía e Filosofía na Pontificia Universidade Gregoriana en Roma. Foi ordenado sacerdote en 1917 en Roma, onde permaneceu até a súa volta ao Líbano en 1919. En 1920 o patriarca Elías Pedro Huayik enviouno xunto co bispo Xukrala Khuri aos Estados Unidos como visitador patriarcal, e até 1934 exerceu o seu ministerio en varias parroquias maronitas dos Estados Unidos de América.[3]

Episcopado e elección patriarcal[editar | editar a fonte]

En 1934 foi elixido bispo de Tiro.[3] En 1955 foi nomeado patriarca de Antioquía e todo o Levante por decreto do papa Pío XII, sendo a primeira vez en que o patriarca maronita era directamente elixido por un papa.[3]

Patriarcado[editar | editar a fonte]

Como patriarca, participou nos traballos do Concilio Vaticano Segundo entre 1963 e 1965, onde tivo un papel significativo na defensa da xurisdición patriarcal sobre os fieis na diáspora, fóra do territorio patriarcal. Antes da conclusión do concilio, o 22 de febreiro de 1965 foi creado cardeal polo papa Paulo VI.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén escrito adaptado ao francés: Pierre-Paul Méouchi, Paul Pierre Méouchi.
  2. The Catholic Directory, Ecclesiastical Register and Almanac (en inglés). Burns and Oates. 1968. p. 23. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Heravi, Mehdi, ed. (1973). Concise encyclopedia of the Middle East. Public Affairs Press. p. 201. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Code, Joseph Bernard (1964). Dictionary of the American Hierarchy (1789-1964). Nova York: Joseph F. Wagner. pp. 200–201. 
  • Irani, George Emile (2006). Domenico, Roy P.; Hanley, Mark Y., ed. Encyclopedia of Modern Christian Politics. Greenwood Publishing Group. pp. 370–371. 


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Xukrala al-Khuri
 Bispo de Tiro 
1934 - 1955
Sucesor:
Michel Doumith

Predecesor:
Antón I Pedro Arida
 Patriarca de Antioquía e todo o Levante 
1955 - 1075
Sucesor:
Antón II Pedro Khuraix