Paulo I Pedro Masad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paulo I Pedro Masad
Patriarche Massad.jpg
Patriarca da Igrexa Católica Maronita
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1806‎ en Axqut, distrito de Kisruan, Gobernación do Monte Líbano, Líbano
Pasamento18 de abril de 1890
Ordes
Ordenación sacerdotal13 de xuño de 1830, por Xosé VIII Pedro Hubaix
Consagración episcopal28 de marzo de 1841, por Xosé VIII Pedro Hubaix
Elixido patriarca12 de novembro de 1854
Patriarca de Antioquía dos Maronitas
1854 - 1890
PredecesorXosé IX Pedro al-Khasin
SucesorXoán XII Pedro al-Hax
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Paulo I Pedro Masad[1] (en árabe: بولس بطرس مسعد, Bulus Butrus Mas'ad), nado en Axqut (Líbano) o 16 de febreiro de 1806 e finado o 18 de abril de 1890, foi o 70º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 12 de novembro de 1854 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bulus Masad naceu en Axqut, no distrito de Kisruan, o 15 de febreiro de 1806.[2] Traballou como pastor cando era pequeno, e logo de rematar a educación básica entrou no seminario en Aïn-Ourakat.[2] Aos 18 anos foi enviado ao seminario de Propaganda Fide.[2] Foi ordenado sacerdote o 13 de xuño de 1830.

Á súa volta ao Líbano, exerceu de secretario do patriarca Xosé VIII Pedro.[2] En 1841 foi nomeado vigairo patriarcal, e consagrado bispo titular de Tarso o 28 de marzo de 1841 polo patriarca Xosé VIII Pedro.[2]

Á morte de Xosé IX Pedro, o sínodo dos bispos maronitas elixiuno patriarca o 12 de novembro de 1854. Durante o seu pontificado tivo que afrontar situacións moi complicadas, como as revoltas campesiñas contra os xeques, as masacres de 1860, e a guerra de independencia de Yusif Karam;[2] a súa intelixencia e prudencia foron determinantes ante estes acontecementos.[2]

Publicou unha historia dos maronitas, un escrito sobre a virxindade perpetua de María, e unha refutación dos escritos de Marach.[2] Exerceu o cargo até a súa morte o 18 de abril de 1890, e foi enterrado na igrexa da súa vila natal segundo os seus desexos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Massad e Massaad.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Nécrologie - S.B. Mgr Pierre-Paul Massaad". Annales de la propagation de la foi (en francés) 62: 387. 1890. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Xosé IX Pedro al-Khasin
 Patriarca de Antioquía e todo o Levante 
1854 - 1890
Sucesor:
Xoán XII Pedro al-Hax