Xeración de 1925

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xeración de 1922")
Non confundir coa Xeración do 25 de arquitectos vangardistas españois.

A xeración de 1925 é a xeración de escritores galegos posterior ao grupo Nós. Son autores nacidos en torno ao ano 1900, polo que foron por idade os escritores da época das vangardas (aínda que os integrantes do grupo Nós tamén se achegaron á vangarda). Foron os grandes renovadores da poesía e do teatro galego, continuando co labor modernizador (e europeizante) da literatura galega da xeración anterior. Aínda así, pese a que incorporan elementos vangardistas, non romperon de todo coa tradición.

A cuestión da denominación[editar | editar a fonte]

En 1963, por similitude coa denominación catalá noucentisme, Ricardo Carballo Calero deu en bautizar esta xeración co nome de novecentistas. Tamén é coñecida como xeración de 1922, posto que neste ano Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro sacaron á luz o manifesto Máis Alá. Finalmente, o nome máis popularizado hoxe en día é o que empregamos neste artigo, o de Xeración de 1925, debido a que se trata de autores que se dan a coñecer en torno a esta data.

Autores destacados[editar | editar a fonte]

Realmente, é verdadeiramente difícil seleccionar unha serie de autores destacados pertencentes a esta xeración, posto que constitúen unha cantidade importante de figuras da literatura galega. Aínda así, algúns escritores desta xeración que sen dúbida destacaron son os seguintes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]