Xavier Frías Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Frías Conde
Nacemento1965
 Béjar
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Francisco Xavier Frías Conde, nado en Béjar (Salamanca) en 1965, é un escritor en galego e castelán, e investigador de filoloxía románica e árabe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Madrid dende 1974 até 2008. En 2011 residía na Mancha. A súa familia é da Terra Eo-Navia e el é un estudoso da situación do galego exterior, especialmente do galego falado no occidente de Asturias.

Doutor en Filoloxía Románica, licenciado en Filoloxía Inglesa e diplomado en Ciencias da Educación. Traballou no ensino primario e secundario desde 1988 até o 2000. Dirixiu o suplemento cultural da desaparecida Mesa pola Defensa do Galego de Asturias, O Espello. Compaxina a súa actividade docente na UNED, onde dá aulas de galego e portugués, coa tradución. Cofundou a editora Lastura en 2012. É profesor de filoloxía galego-portuguesa na UNED.

Ocúpase da bitácora de contos en galego e portugués O reino dos contos.[1]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía
  • Onte foi cabalo de sinza, 1992, MDGA-Ámbitu (poemario en galego de Asturias).
  • Azul e terra, 2000, Río Xuvia (Madrid).
  • Canto de Nedara, 2001, Arte Tripharia (poemario en galego e portugués).
  • Marés na beirarrúa, 2002, Edições Tema.
  • A cor da melancolía, 2003, El Taller del Poeta.
  • Os ollos da terra, 2004 (poemario bilingüe galego-sardo).
  • Fique tranquilo, 2009, El Taller del Poeta.
  • Flutuando, 2013, A Porta Verde do Sétimo Andar.
  • Manual de saudades, 2014, Lastura.
Narrativa
Literatura infanto-xuvenil
  • O xabaril que quería engalar, 1991, Ámbitu (Oviedo) (relatos en galego de Asturias).
  • Chavanet, o gnome aprendiz de tenor, 1994, Bruño.
  • Lucía, 1994, Xerais.
  • A luva máxica, 1994, Xerais.
  • A vaca Maruxa esquía en Valbabuxa, 1997, Edebé-Rodeira. Foi traducida ao catalán[2] —tamén en braille[3]— e ao castelán[4] —tamén en braille[5]—.
  • A Odisea de Pere Xil, 2001, VTP Editorial.
  • Terra á vista. El burato de Andrés, el cempés, 2002, VTP Editorial (teatro infantil en galego de Asturias).
  • Os anxos de Amalia, 2005, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán[6]
  • O caso máis estraño do detective Marschen, 2012, Galaxia.
  • As aventuras de Enrico Müller, 2014, Edebé-Rodeira.
  • Dadá, o amigo invisíbel, 2016, Galaxia.
Ensaio
  • O galego exterior ás fronteiras administrativas, 1999, VTP Editorial.
  • Resumo de gramática eonaviega, 2001, MDGA.
  • A literatura eonaviega contemporánea (notas sobre literatura galega de Asturias), 2003, MDGA (Xixón).
  • Compendio de gramática galega, 2010, El Taller del Poeta. Segunda edición no 2013 en Urco editora.
  • Compendio de sintaxe galega, 2010, Romania Minor.
  • Introdución á sintagmática do galego, 2011, Romania Minor.
  • Compendio de Gramática Galega, 2014, Niké.
  • Prontuário de Gramática Galega (Norma Reintegrada), 2016, Ianua.
Traducións
  • No País da Brétema. Antoloxía de poesía galesa contemporánea, 2004, VTP Editorial (antoloxía galés-galego).
  • Unha escuma de voz, de Fabio Scotto, 2005, Espiral Maior. Edición bilingüe italiano-galego.
  • Atlantopia: breve antoloxía de poesía canaria contemporánea, 2009, El Taller del Poeta (Pontevedra).
Obras colectivas
  • Carreiros: mostra de poesía da Terra Eo-Navia en lingua galega, 1998, Río Xuvia (Madrid). Con Adela Conde e Crisanto Veiguela.
  • Comercial. Poesía galega en Madrid, 1998, Río Xuvia.
  • O espírito da palabra: textos das III e IV edicións do Seminario Internacional de Traducción de Rianxo Auliga (2002-2003), 2004, Espiral Maior. Coeditor con Antonio Domínguez Rey.
  • Historia de Carpatín, o monstro comexiz, en Contos sen fronteiras, 2007, Xunta de Galicia. Con Eva Mejuto e Antonio Yáñez Casal.
  • Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Filografias, 2013, Lastura.
  • Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2014, Amargord.
  • Fisterras, 2015, Lastura.
  • Língua de resiliência, 2016, Ianua.

Premios en galego[editar | editar a fonte]

  • Finalista do XXI Premio Edebé de Literatura para a Infancia no 2013, por As aventuras de Enrico Müller, cazador de dragóns.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º de Primaria en 2016, por As aventuras de Enrico Müller.

Obra en portugués[editar | editar a fonte]

Poesía
  • Azul memória, 2013, Lastura.
Teatro
  • Axarquia, 2001, Arte Tripharia (Madrid).

Obra en asturiano[editar | editar a fonte]

Poesía
  • Pelegrín d'esencies, 1994.
  • Notes de fráxil planeta, 2001.
Narrativa
  • Les esperances d'Abu el-Hol, 1993 (traducida en 1997 ao galego como As esperanzas de Abu el-Hol, publicada en Espiral Maior).[7]
  • La fía del pescador, 1994.
  • El nome de la cosa, 1996.
  • Anivel, l'alcontrador, 1998.
Literatura infanto-xuvenil
  • Entrugái-ylo al Chisgu, 1994.
  • Xentecuentos, 2000.
  • Coses de bruxes, 2003, VTP Editorial.
  • La profa durmiente, 2007.
  • Y foron felices, 2011.
Ensaio
  • Notes de Llingüística Asturlleonesa (Asturiano y Mirandés), 2001.
Traducións
  • Nel País de la Borrina. Antoloxía de poesía galesa contemporánea, 2004 (galés-asturiano).

Premios en asturiano[editar | editar a fonte]

  • Accésit do I Premio Asturnews de Literatura Infantil en Asturiano no 2007, por Llectures de Barriga.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía
  • Café de saudades, 2010.
  • De tu sabor, 2010, El Taller del Poeta.
  • El lápiz del fin del mundo, 2013, Lastura.
Narrativa
  • La mascota de doña Silvia y otros cuentos, 2009, El Taller del Poeta.
  • Una cerveza para Kafka, 2013.
Literatura infanto-xuvenil
  • El caimán azul, 2011.
Ensaio
  • Que tal si escribimos juntos: la literatura escolar, 2004, CCS (Madrid). Con Felisa Romanillos.
Traducións
  • Cuentos checos, 2007. Vitalis, Praga.
  • Cuentos austriacos, 2009. Vitalis, Praga.

Obra en catalán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas
  • Verba et terra, 2005, El Taller del Poeta. Con Andreu Bauçà i Sastre e Teresa Colom. Textos en catalán e checo.
  • Introducció a la sintagmàtica del català, 2011, Romania Minor. Con Andreu Bauçà i Sastre.

Obra en italiano[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil
  • Il divoratore di libri, 2012.
  • Urlone, l'orso sbraitone, 2012.

Obra en sardo[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • Ischemas de limba sarda, 2011, El Taller del Poeta.
Narrativa
  • Istòrias de Biddacarla e àteros contos, 2008, El Taller del Poeta.
Poesía
  • Sos ogros de sa terra. Os ollos da terra, 2004, El Taller del Poeta (edición bilingüe sardo-galego).[8]

Obra en inglés[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil
  • Something better than reality, 2009, El Taller del Poeta.

Varias linguas[editar | editar a fonte]

Poesía
  • Pomalé More, 2005, El Taller del Poeta.
  • Città-Cidades-Ciudades, 2010, El Taller del Poeta.
Traducións
  • Bentu de Terra Manna, 2004. Antoloxía de poesía feminina trilingüe: sardo-español-inglés.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oreinodoscontos.com
  2. "La vaca Teresina esquia a Vallfarina". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 
  3. "Ficha en Bitraga". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 
  4. "La vaca Enriqueta esquía en Valcorneta". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 
  5. "Ficha en Bitraga". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 
  6. "Los ángeles de Amalia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 
  7. "Ficha en Bitraga". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 
  8. "Sos ogros de sa terra=Os ollos da terra". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]