Wladimir Köppen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWladimir Köppen

(1921) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Vladimir Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1846 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Graz (Alemaña nazi) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Imperio Alemán Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo
Universidade de Leipzig
Universidade de Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía, meteoroloxía e Climatoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeógrafo , meteorólogo , botánico , earth scientist (en) Traducir , esperantista , climatólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDeutsche Seewarte (en) Traducir (1875–1919)
The Voeikov Main Geophysical Observatory (en) Traducir (1872–1875) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua rusa e esperanto Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosElse Köppen (en) Traducir, Filla Editar o valor em Wikidata
PaisPeter von Köppen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Alexandra Fedorovna Adelung (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFriedrich Köppen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Köppen-186

Wladimir Peter Köppen, nado en San Petersburgo o 25 de setembro de 1846 e finado en Graz, Austria, o 22 de xuño de 1940, foi un xeógrafo, meteorólogo, climatólogo e botánico ruso de ascendencia alemá que desenvolveu a súa carreira científica en Alemaña e Austria. A súa grande contribución foi a clasificación climática de Köppen, aínda usada hoxe en día, con algunhas modificacións, para clasificar os climas da Terra, baseándose case en exclusiva nos datos de temperaturas e precipitacións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pais alemáns, naceu en Rusia e estudou en Crimea. Doutorouse en Leipzig en 1870 cun estudo sobre os efectos da temperatura no crecemento das plantas. En 1875 empezou a traballar no Observatorio Naval alemán de Hamburgo, onde se fixo responsable do seu servizo de predición meteorolóxica.

A partir de 1884 empezou a traballar nunha clasificación exhaustiva dos climas da Terra, empresa que non culminou ata o 1918, cando publicou a versión completa da súa clasificación, aínda que posteriormente el mesmo lle fixera varias modificacións, datando a última de 1936.

Tamén realizou estudos de paleoclimatoloxía xunta ao seu xenro Alfred Wegener, famoso pola súa teoría da deriva continental e colaborou co climatólogo alemán Rudolf Geiger na elaboración dos cinco volumes da súa obra Handbuch der Klimatologie (Manual de Climatoloxía, en tradución literal ao galego).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]