Wladimir Köppen
![]() (1921) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de setembro de 1846 (Xuliano) San Petersburgo |
| Morte | 22 de xuño de 1940 Graz |
| Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo Universidade de Leipzig Universidade de Heidelberg |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Xeografía, meteoroloxía e climatoloxía |
| Ocupación | xeógrafo, meteorólogo, botánico, científico da Terra, esperantista, climatólogo |
| Empregador | Deutsche Seewarte (en) The Voeikov Main Geophysical Observatory (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Q1381539 |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Guerra franco-prusiana |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Fillos | Else Köppen, filla |
| Pais | Peter von Köppen |
| Irmáns | Friedrich Köppen |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Wladimir Peter Köppen, nado en San Petersburgo o 25 de setembro de 1846 e finado en Graz, Austria, o 22 de xuño de 1940, foi un xeógrafo, meteorólogo, climatólogo e botánico ruso de ascendencia alemá que desenvolveu a súa carreira científica en Alemaña e Austria. A súa grande contribución foi a clasificación climática de Köppen, aínda usada hoxe en día, con algunhas modificacións, para clasificar os climas da Terra, baseándose case en exclusiva nos datos de temperaturas e precipitacións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pais alemáns, naceu en Rusia e estudou en Crimea. Doutorouse en Leipzig en 1870 cun estudo sobre os efectos da temperatura no crecemento das plantas. En 1875 empezou a traballar no Observatorio Naval alemán de Hamburgo, onde se fixo responsable do seu servizo de predición meteorolóxica.
A partir de 1884 empezou a traballar nunha clasificación exhaustiva dos climas da Terra, empresa que non culminou ata o 1918, cando publicou a versión completa da súa clasificación, aínda que posteriormente el mesmo lle fixera varias modificacións, datando a última de 1936.
Tamén realizou estudos de paleoclimatoloxía xunta ao seu xenro Alfred Wegener, famoso pola súa teoría da deriva continental e colaborou co climatólogo alemán Rudolf Geiger na elaboración dos cinco volumes da súa obra Handbuch der Klimatologie (Manual de Climatoloxía, en tradución literal ao galego).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clasificación climática de KöppenArquivado 10 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)

