Wikipedia:Votacións para borrar/Wikipedia:Lista de persoas nadas en Gales segundo Wikidata
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Lista de persoas nadas en Gales[editar a fonte]
Votación PECHADA: Movido a Wikipedia:Lista de persoas nadas en Gales segundo Wikidata
Período de votación: 28/2/2016 - 6/3/2016
SI: 2 — NON: 5 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Movido a outro título |
- Proposto por: --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de febreiro de 2016 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Creo que esta é unha páxina que se debe borrar pola suma das seguintes razóns:
- Pisa o seu contido co da categoría Personalidades de Gales, que é a maneira que adoptamos na nosa Wikipedia para listar as xentes dun determinado lugar.
- Como calquera lista, sempre carece de exhaustividade.
- O contido, neste caso, é moi deficiente, procedente dunha tradución automática, e implicaría unha serie de traballos de edición ímprovos para poñelo minimamente ben. --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de febreiro de 2016 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de febreiro de 2016 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Borrar --Atobar (conversa comigo) 1 de marzo de 2016 ás 11:43 (UTC)[responder]
- Manter
- Agardar. Seguramente haberá que borralo, mesmo por tamaño. Porén igual se podería trasladar a outro espazo de nomes e/ou dividir noutras páxinas máis pequenas. En calquera caso eu o mantería unha semaniñas ata que aprendamos a empregas as novas ferramentas coas que está feito. Véxase comentario máis abaixo. --. HombreDHojalata.conversa 29 de febreiro de 2016 ás 09:06 (UTC)[responder]
- Agardar. Ao que comenta HombreDHojalata, que ten razón en todo, engado o que comentei na páxina do usuario Conversa_usuario:Llywelyn2000#Other_comments pero que aínda hai que pensar como resolver. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de febreiro de 2016 ás 11:36 (UTC)[responder]
- Mover ó espazo de nomes de Wikipedia semella unha boa opción. ☣Banjo tell me 1 de marzo de 2016 ás 09:57 (UTC)[responder]
- Mover --Chairego apc (conversa) 1 de marzo de 2016 ás 12:39 (UTC)[responder]
- Manter en Wikipedia:Lista de persoas nadas en Gales e na Categoría:Wikipedia:Listas con datos de Wikidata --AMPERIO (conversa) 5 de marzo de 2016 ás 12:47 (UTC)[responder]
- Neutros
- Agardar e Mover; suxiro como título Wikipedia:Lista de persoas nadas en Gales e incluílo en Categoría:Listas con datos de Wikidata. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de marzo de 2016 ás 16:13 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario Á páxina faina automaticamente un bot tomando os datos de Wikidata. Realmente para mellorar a páxina hai que mellorar os datos alí, en Wikidata, non na Galipedia. Este tipo de páxinas é unha ferramenta magnífica. Véxase Usuario:Llywelyn2000/Lista de persoas nadas en Galicia (penso que se pode dividir en catro páxinas, por provincias), a partir dela estou traballando en Wikidata. Permite detectar ausencias de imaxes, que vou completando, erros e ausencias de datas que vou corrixindo, artigos que teñen interwikis duplicados e hai que fusionar... etc. Hai que ser consciente do sumamente beneficioso para o proxecto que pode chegar a ser unha boa base de datos centralizada en Wikidata. Permitirá, por exemplo, poñendo un par de chamadas nun artigo (catro palabras) dispoñer automaticamente da caixa de datos completa nunha biografía ou unha serie de ligazóns externas a fontes acreditadas de calidade (véxase Axuda:Control de autoridades). Non sei se no espazo de nomes principal, no espazo de nomes Wikipedia, no espazo de nomes usuario (como subpáxina) ou onde, pero este tipo de páxinas é de moita utilidade e no futuro vanse empregar si o si, nesta wiki e en todas. --. HombreDHojalata.conversa 28 de febreiro de 2016 ás 16:51 (UTC)[responder]
- Explico un pouco máis. O bot lista tódalas persoas que teñen artigo de seu en calquera Wikipedia en calquera lingua, que cumpran que en Wikidata conste que naceron nas localidades A, B, C, D, ... sendo que A, B, C, D, ... pertencen a X (Wikidata sabe iso). No exemplo Usuario:Llywelyn2000/Lista de persoas nadas en Galicia a X é d:Q3908 (Galicia) pero pode ser d:Q25 (Gales)...etc, aparecen con ligazón interna as persoas que teñen artigo de seu na Galipedia e sen ligazón interna as persoas que naceron en Galicia e teñen artigo de seu na Wikipedia noutra lingua mais non na Galipedia (iso poderá mudarse pedíndolle ao operador do bot que lle poña ligazóns tamén (vermellas neste caso). O que nos leva a que outra utilidade de Usuario:Llywelyn2000/Lista de persoas nadas en Galicia é a de ser, de feito, unha versión máis completa de WP TBIOG. --. HombreDHojalata.conversa 28 de febreiro de 2016 ás 17:09 (UTC)[responder]
- Comentario A páxina é útil para diferentes tarefas, pero dende o meu punto de vista ten un problema grave: non permite que sexa editada polos usuarios xa que calquera cousa que se lle engada perderase cando o bot a actualice, co cal a páxina realmente está en contra da "filosofía" da wiki de que "se pode editar". Como comenta Llywelyn2000 na súa conversa temos tres posibilidades:
- Deixar o artigo como está pero crear unha páxina de axuda para que os editores poidan achegar contidos en Wikidata,
- Movela para un espazo de usuario, ou da Wikipedia, e usala de forma interna,
- Quitar o aviso e o código de actualización do bot para que a xente poida modificala libremente, co cal xa non se actualizaría automaticamente
- Eu penso que o máis axeitado é que se mova a un espazo interno xa que este non é un artigo normal xa que aínda que se edite van perderse os cambios, co cal vai en contra da nosa filosofía, porén é importante deixala porque ten utilidade para diferentes tarefas de mantemento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2016 ás 02:05 (UTC)[responder]
- Propoño deixarlle a única categoría de Categoría:Wikipedia:Páxinas que toman datos de Wikidata e movela ao espazo de nomes Wikipedia, co nome Wikipedia:Lista de persoas nadas en Gales segundo Wikidata. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2016 ás 08:28 (UTC)[responder]
- Para reducir o tamaño, que era inmanexable, modifiqueina para que amose unicamente os persoeiros que teñen artigo de seu na Galipedia. Mudei a lista de nome, de espazo de nomes e de categoría, integrando, tamén, a proposta de categoría nova de Estevo. --. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2016 ás 12:30 (UTC)[responder]
- Pero HombreDHojalata, así perdimos moita "potencia" con ese cambio da páxina, realmente, de que nos vale así? Só vale para atopar fotos asociadas ós artigos, en cambio, da outra forma servía para atopar artigos doutras wikis que non existiran aquí... O que lle viña ben era unha ligazón ó artigo na wiki na que existe, ou ó elemento de wikidata, noutra columna... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2016 ás 03:05 (UTC)[responder]
- Para reducir o tamaño, que era inmanexable, modifiqueina para que amose unicamente os persoeiros que teñen artigo de seu na Galipedia. Mudei a lista de nome, de espazo de nomes e de categoría, integrando, tamén, a proposta de categoría nova de Estevo. --. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2016 ás 12:30 (UTC)[responder]