Saltar ao contido

WikiLeaks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

WikiLeaks (WikiFiltracións ou WikiFugas en inglés) é unha organización internacional dos medios de comunicación e sen ánimo de lucro que publica a través do seu sitio web informes anónimos e documentos filtrados con contido sensíbel en materia de interese público, preservando o anonimato das súas fontes.[1] O lanzamento da páxina web realizouse en decembro de 2006, e a súa actividade comezou en xullo de 2007 e desde esta data a súa base de datos creceu constantemente até acumular 1,2 millóns de documentos.[2] Está xestionado por The Sunshine Press.[3]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A organización ofrécese a recibir filtracións que desvelen comportamentos non éticos por parte de gobernos, relixións e empresas de todo o mundo, e concretamente dos países que consideran que teñen réximes totalitarios. Polo de agora as actividades máis destacadas de WikiLeaks centráronse na actividade exterior dos Estados Unidos,[4] especialmente en relación coas guerras de Iraq e de Afganistán.[5]

WikiLeaks descríbese a si mesma como unha organización fundada por disidentes chineses, así como por periodistas, matemáticos e tecnólogos de empresas start-up dos Estados Unidos, Taiwán, Europa, Australia e Suráfrica.[6] Os creadores de WikiLeaks non foron formalmente identificados.[7] Un dos seus asesores, editor xefe e actual director é o australiano Julian Assange. O voceiro, desde setembro de 2010, é Kristinn Hrafnsson, despois da renuncia de Daniel Domscheit-Berg, o cal planea fundar o seu propio portal de filtracións.[8][9]

A pesar do seu nome, Wikileaks non é un sitio wiki habitual, xa que actualmente os lectores que non teñen os permisos adecuados non poden cambiar o seu contido. WikiLeaks usa unha versión modificada do software de MediaWiki[3] e o seu servidor principal está aloxado no ISP sueco PRQ.[10] Para protexer o anonimato dos seus informantes, WikiLeaks utiliza OpenSSL, Freenet, Tor e PGP.[3] En agosto de 2010 o Partido Pirata sueco firmou con Wikileaks un acordo para aloxar a súa páxina web e poder conseguir a inmunidade da súa páxina.[11] Non obstante, debido á derrota electoral deste partido, non prosperou a iniciativa de ofrecer inmunidade a Wikileaks.[12]

Ante os ataques de denegación de servizo (DDoS), pola filtración Cable Gate o 30 de novembro de 2010 WikiLeaks traslada a súa información aos servidores Amazon EC2 de computación en nube de Amazon.[13] O día 1 de decembro Amazon, ante as presións do senador Joe Liebermann, deixa de albergar a WikiLeaks. WikiLeaks, a través de Twitter, sinala que se Amazon está en contra da Primeira Emenda debería deixar de vender libros[14].

Filtracións máis relevantes

[editar | editar a fonte]
Julian Assange, fundador da WikiLeaks.

Informe da intelixencia estadounidense acerca de Wikileaks

[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo de 2010 Wikileaks publicou un informe do Departamento de Defensa dos Estados Unidos no cal trataba varias filtracións protagonizadas por esta web relacionadas con intereses estadounidenses e propoñía diversas vías para marxinala.

Vídeo de asasinato de xornalistas

[editar | editar a fonte]

O día 5 de abril de 2010 WikiLeaks publicou un vídeo[15] onde se ven soldados estadounidenses asasinando o reporteiro de Reuters Namir Noor-Eldeen, o seu axudante e nove persoas máis, algunhas delas cando ían recoller os mortos e feridos. Vese claramente que ningún deles fixo o amago de atacar o helicóptero Apache desde o cal lles dispararon: nin tan sequera o miraron. Aínda que a axencia Reuters solicitou en numerosas ocasións o material, negóuselles até que WikiLeaks o conseguiu inédito e puxo en xaque o aparato militar dos Estados Unidos, manchando a imaxe deste exército no mundo[16]. O material foi subministrado por Chelsea Manning.[17]

O exército dos Estados Unidos negou que incumprise as súas normas de enfrontamento.

Diarios da Guerra de Afganistán: 31 de xullo de 2010 (Afghan War Diary)

[editar | editar a fonte]

En relación coa Guerra de Afganistán iniciada en 2001, o 25 de xullo de 2010 os periódicos The Guardian,[18][19] The New York Times[20][21] e Der Spiegel[22] fixeron públicos un conxunto duns 92.000 documentos sobre a guerra de Afganistán entre os anos 2004 e 2009. Estes chegaron a través de Wikileaks sen compensación económica á páxina.[23]

Entre os documentos inclúense sucesos non revelados até aquela altura: vítimas civís provocadas por soldados dos Estados Unidos e por soldados dos países aliados, fogo amigo, conexións entre a intelixencia paquistaní e os talibáns insurxentes.[24][25][26][27] Outros documentos, ao redor de 15.000, non foron liberados por falta de comprobar que non supoñan un perigo para xente inocente, namentres que outros non serán filtrados polo mesmo motivo.[28][29]

O goberno dos Estados Unidos acusou a WikiLeaks de pór en perigo a vida de civís aos que se tomou declaración para elaborar os informes militares. O fundador de WikiLeaks, Julian Assange, manifestou que a Casa Branca estaba informada unha semana antes da publicación co obxecto de "minimizar a aparición dos nomes dalgúns informantes". Segundo Assange, o Goberno dos EEUU negouse a colaborar e non deu resposta ningunha.[30][31] Estes contactos previos á publicación foron negados polo Pentágono.[32]

O 29 de xullo colgouse na páxina un arquivo denominado Insurance file ("Arquivo seguro" en inglés). O arquivo, de 1,4 GB, está cifrado con AES polo que se precisa dunha clave, de 256 bits, para o descifrar. Especúlase con que se trataría dunha filtración cuxo contrasinal se faría pública en caso de que Wikileaks sufrira algún ataque grave, como a detención de Julian Assange.

Rexistros da Guerra de Iraq: 22 de outubro de 2010 (Irak War Logs)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Rexistros da Guerra de Iraq.

O 22 de outubro de 2010 Wikileaks publícase Irak War Logs (Documentos da guerra de Iraq), 391.831 documentos filtrados desde O Pentágono (sede do Departamento de Defensa dos Estados Unidos) sobre a guerra de Iraq e a súa ocupación entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2009 nos que se revelan, entre outros asuntos, o uso sistemático de torturas, a cifra de 109.032 mortos en Iraq -dos que 66.081 foron civís, o 63%; 23984 'inimigos etiquetados como insurxentes'; 15.196 do "país anfitrión" (as forzas do goberno iraquí) e 3.771 foron mortos "amigos" (forzas da coalición)-. Cada día, de media, morreron 31 civís, durante un período de seis anos. Nos 'Diarios da Guerra Afgá', publicado anteriormente por Wikileaks, que abrangue o mesmo período, morreron unhas 20.000 persoas. Ademais do número de mortos e outros crimes,[33] a filtración confirma a axuda de Irán ás milicias iraquís. Como na filtración dos Diarios da Guerra de Afganistán o seguimento da filtración fíxose a través da páxina de wikileaks e das edicións dixitais de The Guardian[34] e The New York Times,[35] Le Monde,[36] Der Spiegel,[37] Al Jazeera[38] e o Bureau of Investigative Journalism.[39][40][41][42]

The Guardian informou que o 21 de outubro recibira todos os documentos.[43] O 22 de outubro de 2010 Al Jazeera, adiantándose media hora ao horario establecido, lanzou a filtración denominada Rexistros da Guerra de Irak. Pouco despois de que o material de orixe estivese dispoñíbel nos medios indicados colgouse na páxina WikiLeaks con funcións de buscas, debido á cantidade de material filtrado. A BBC, citando o Pentágono, considera os Rexistros da Guerra de Irak "a maior filtración de documentos clasificados da súa historia."[44]

Segundo Julian Assange, os documentos da guerra de Iraq publicados reflicten a verdade da guerra de Iraq:[45] as autoridades estadounidenses deixaron sen investigar centos de informes que denunciaban abusos, torturas, violacións e incluso asasinatos cometidos sistematicamente pola Policía e o Exército iraquí, aliados das forzas internacionais que invadiron o país. Oficiais británicos e estadounidenses insistían até agora en que non había rexistro oficial das vítimas. Os informes, apoiados por evidencias médicas, describen a situación de prisioneiros cos ollos vendados, coas mans atadas, recibindo golpes, lategazos e soportando descargas eléctricas. Todas estas torturas foron realizadas co coñecemento do Pentágono, das autoridades militares e políticas dos Estados Unidos e tamén doutras forzas internacionais que participaron na guerra de Irak (basicamente Gran Bretaña xunto cos EUA). A pesar de que non consta que os soldados estadounidenses realizasen abusos, si que utilizaron a ameaza de abusos por parte das forzas iraquís para obter información dos detenidos.[41][46]

Os papeis do Departamento de Estado (Cable Gate)

[editar | editar a fonte]

O 28 de novembro de 2010, Wikileaks filtroulle á prensa internacional unha colección de 251.187[47] cables ou comunicacións entre o Departamento de Estado estadounidense coas súas embaixadas por todo o mundo (denominados en inglés United States diplomatic cables leak, Cable Gate ou Secret US Embassy Cables Arquivado 28 de novembro de 2010 en Wayback Machine.).[48][49] Trátase da maior filtración de documentos secretos da historia. WikiLeaks proporcionoulles esa información aos xornais The Guardian,[50] The New York Times,[51] Le Monde,[52] El País[53][54][55] e ao semanario Der Spiegel[56].

Outros portais especializados en filtracións

[editar | editar a fonte]

Ademais da intención de Daniel Domscheit-Berg (antigo portavoz de Wikileaks) de fundar o seu propio portal de filtracións, existen outras páxinas que, na defensa da liberdade de prensa e a transparencia exixíbel aos gobernos, institucions e empresas, publican documentos prohibidos ou sensíbeis:

  • Cryptome, creada en 1996, contén 54.000 documentos. Acepta documentos para a súa publicación que estean prohibidos por gobernos en todo o mundo, en especial material sobre a liberdade de expresión, privacidade, criptoloxía, seguridade nacional, intelixencia...”. Os documentos non desvelan asuntos clasificados.[8]
  • Secrecy News, Blog fundado en 2006. Publica segredos de seguridade nacional. Steven Aftergood, o seu autor, publica posts sobre o armamento do Exército dos EEUU, os planos orzamentarios da Casa Branca ou as relacións da primeira potencia mundial coa India.

Proxecto alleo á Wikipedia

[editar | editar a fonte]

O Wikileaks non está afiliado á Wikipedia ou a calquera proxectos da Fundación Wikimedia. O termo wiki é xenérico e pode ser usado por calquera persoa, xurídica ou física, para calquera razón. O sitio Wikileaks só coincidentemente utiliza o software libre MediaWiki, que é o mesmo utilizado pola Fundación Wikimedia, e que calquera pode operar.

O xornal The Daily Telegraph, do Reino Unido, publicou unha reportaxe na que Jimmy Wales, o fundador da Wikipedia, afirma que non está relacionado ao Wikileaks.org e que moitas persoas están confundido.[57]

  1. Wikileaks: de como destapar escándalos en Internet, El País, 26/7/2010
  2. WikiLeaks. "WikiLeaks has 1.2 million documents?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16/02/2008. Consultado o 03/08/2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 WikiLeaks. "About" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 4 de outubro de 2009. 
  4. "Wikileaks acorrala a Diplomacia de Estados Unidos". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2010. 
  5. Iraq and Afghan War Diaries na páxina principal de Wikileaks
  6. "Wikileaks:About". WikiLeaks. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2008. Consultado o 3 de xuño de 2009. 
  7. Paul Marks (13 de xaneiro de 2007). "How to leak a secret and not get caught". New Scientist. Consultado o 28 de febreiro 2008. 
  8. 8,0 8,1 "A WikiLeaks le crecen los enanos, 10/11/2010, lainformacion.com". Arquivado dende o orixinal o 16/11/2010. Consultado o 02/12/2010. 
  9. Revelacións en WikiLeaks documentan crimes tolerados polos EEUU en Iraq, 22/10/2010, CNN, México
  10. Así figuraba na base de datos de RIPE o 4 de outubro de 2009.
  11. "O acordo pola inmunidade entre o Partido Pirata sueco". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2010. 
  12. Wikileaks e Pirate Bay non terán inmunidade parlamentaria
  13. A web de Wikileaks trasládase aos servidores de Amazon, Público, 1/12/2010
  14. "Estados Unidos estrecha el cerco sobre Wikileaks", artigo en El País, 1 de decembro de 2010 (en castelán).
  15. Un video muestra cómo el Ejército de EEUU mata a un fotógrafo de Reuters. Público. 5 de abril de 2010
  16. "El vídeo de la matanza de EEUU triunfa en YouTube", artigo de Europa Pressen Público, 7 de abril de 2010 (en castelán).
  17. Ugarte, Iñigo Sáenz de. "Por qué EEUU persigue a Julian Assange (y no tiene que ver con la clave secreta de un ordenador)". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-16. 
  18. Afghanistan war logs: Massive leak of secret files exposes truth of occupation, The Guardian, Nick Davies and David Leigh, 25/7/2010
  19. Wikileaks' Afghanistan war logs: how our datajournalism operation worked, The guardian, guardian.co.uk, Simon Rogers, 27/7/2010
  20. In Disclosing Secret Documents, WikiLeaks Seeks ‘Transparency’, The New York Times, Eric Schmitt, 25 de xulio de 2010
  21. Editorial: Pakistan’s Double Game, The New York Times, 26 de xullo de 2010
  22. Thema Wikileaks, Spiegel Online, 26/7/2010
  23. Davies, Nick; Leigh, David. "Afghanistan war logs: Massive leak of secret files exposes truth of occupation" (en inglés). The Guardian. Consultado o 26 de xullo de 2010. No fee was involved and Wikileaks was not involved in the preparation of the Guardian's articles. 
  24. "Afghanistan war logs: the unvarnished picture" (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2010 editorial= The Guardian. 
  25. "WikiLeaks-Afganistán. La guerra al descubierto, en nacionred.com, David Ballota, 26/7/2010". Arquivado dende o orixinal o 22/12/2010. Consultado o 02/12/2010. 
  26. Amy Goodman. WikiLeaks lo hizo de nuevo, en Sin Permiso, tradución do orixinal en democracy now, 1/8/2010
  27. Wikileaks afghan war diary, en democracy now
  28. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2010. 
  29. [1]
  30. "WikiLeaks may already have blood on its hands over Afghan revelations, US says, 30 de xullo de 2010, The Times". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2010. 
  31. WikiLeaks se defiende de las acusaciones de EEUU, Público, 29/7/2010
  32. [2]
  33. Los crímenes de Irak se revelan al mundo, El País, 24/10/2010
  34. Iraq war logs: secret files show how US ignored torture, The Guardian, 22/10/2010
  35. The War Logs, The New York Times
  36. Irak : l'horreur ordinaire révélée par Wikileaks, Le Monde, 23/10/2010
  37. Iraq War Logs. Der Spiegel
  38. Secret Iraq Files Arquivado 23 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. Al Jazeera English.
  39. iraqwarlogs.com Arquivado 24 de outubro de 2010 en Wayback Machine. Bureau of Investigative Journalism thebureauunviestigates.com
  40. Wikileaks revela que EE UU permitió torturas sistemáticas en Iraq, El País, 22/10/2010
  41. 41,0 41,1 páxina de wikileaks, consultada o 23 de outubro de 2010
  42. Estados Unidos permitiu torturas sistemáticas en Irak, Público, 23/10/2010
  43. "Iraq war logs: secret files show how US ignored torture". The Guardian. 22 de outubro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  44. editorial=BBC (23 de outubro de 2010). "Huge Wikileaks release shows US 'ignored Iraq torture'". Consultado o 23 de outubro de 2010. 
  45. O fundador de Wikileaks: "Os documentos revelan a verdade da guerra de Irak", A ONU pide aos Estados Unidos que investigue as torturas que revelan os novos documentos publicados por wikileaks, El País, 23/10/2010
  46. Wikileaks revela que EE UU permitiu torturas sistemáticas en Irak, El País, 22/10/2010
  47. Preguntas y respuestas sobre los papeles del Departamento de Estado, diario El País, 28 de novembro de 2010.
  48. "Cable Gate - Secret US Embassy Cables, Wikileaks". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2010. 
  49. A maior filtración da historia deixa ao descuberto os segredos da política exterior dos EE UU, diario El País, 28 de novembro de 2010
  50. US embassy cables: browse the database, The guardian, 28/11/2010
  51. State's Secret, Cables Depict U.S. Haggling to Find Takers for Detainees, The New York Times, 29/10/2010
  52. Documents Wikileaks, en Le Monde, 30/11/2010
  53. Os papeis do Departamento de Estado, El País, 29/11/2010
  54. http://www.elpais.com/articulo/internacional/mayor/filtracion/historia/deja/descubierto/secretos/politica/exterior/EE/UU/elpepuint/20101128elpepuint_25/Tes
  55. "China apuesta por dominar una Corea unificada" artigo en El País, 30 de novembro de 2010 (en castelán)
  56. Der Spiegel, Portada e páxinas do especial sobre as filtracións dos papeis do Departamento de Estado dos EUA -WikiLeaks-.
  57. The Daily Telegraph:Jimmy Wales:people think I'm responsible for Wikileaks Arquivado 03 de abril de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]