Julian Assange
| Julian Assange | |
|---|---|
| Nome completo | Julian Paul Hawkins |
| Nacemento | 3 de xullo de 1971 |
| Townsville | |
| Nacionalidade | Australia e Ecuador |
| Etnia | Australianos |
| Alma máter | Universidade Central de Queensland e Universidade de Melbourne |
| Ocupación | xornalista, ciberativista, delator, hacker, programador, informático teórico, produtor de televisión, director de televisión, produtor de cine, escritor, business executive e presentador |
| Pai | John Shipton |
| Nai | Christine Ann Assange |
| Cónxuxe | Sarah Harrison |
| Premios | Sam Adams Award, Courage Award for the Arts, Gold medal for Peace with Justice, Index Award e Martha Gellhorn Prize for Journalism |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Julian Paul Assange, nado en Townsville (Queensland) o 3 de xullo de 1971, é un xornalista, programador e activista de internet australiano, coñecido por ser o portavoz e editor do sitio web WikiLeaks.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Assange estudou física e matemáticas na Universidade de Melbourne até 2006, cando empezou a implicarse profundamente en Wikileaks. Foi descrito como moi autodidacta e cumpridamente lido en ciencias e matemáticas. Tamén estudou filosofía e neurociencia. Na súa páxina web, describiu como representou á súa universidade na Competición Nacional Australiana de Física en 2005.
Wikilieaks[editar | editar a fonte]
Wikileaks foi fundado en 2006. Assange está entre os nove membros asesores, e é o voceiro diante dos medios de comunicación. Tamén foi nomeado director e fundador do sitio e ten a decisión final no proceso de exame dos documentos presentados ao sitio. Como todos os integrantes do sitio, Assange traballa en calidade de voluntario. Kristinn Hrafnsson tomou as rendas da organización a partir da súa detención o 7 de decembro, en cumprimento da orde europea de detención internacional emitida desde Suecia, pola policía metropolitana de Londres despois de presentarse nunha comisaría pola súa propia vontade, ao estar acusado dos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, cargos polémicos que a día de hoxe non están en absolutos claros.
Reaccións ao arresto[editar | editar a fonte]
Perante a detención de Assange acusado pola fiscalía sueca dos supostos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, e a negativa da xustiza británica a que saia en liberdade baixo fianza creouse a FreeAssange.org, unha plataforma de apoio pola liberdade de Assange. Os seus partidarios consideran que a acusación é falsa e que a intensificación da procura de Assange coincidiu coa publicación por parte de Wikileaks e outros cinco órganos de prensa de cables diplomáticos confidenciais estadounidenses, o que provocou a indignación dos Estados Unidos e de numerosos países afectados polas revelacións e consecuentemente as presión internacionais para lograr o seu encarceramento.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Wikileaks (en inglés)
- Free Assange (en inglés)
|