Saltar ao contido

Partido Pirata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido Pirata
Logotipo
 Instancia de
 Subclase de
Características
Datas
 Fundación / creación
2006 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0hzq9zh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

O Partido Pirata é un partido político que comezou a súa andaina en Suecia que busca a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, como o copyright e as patentes. No 2012 Pirata.gal preséntase ás eleccións galegas, con candidaturas en Pontevedra e Ourense.

Características

[editar | editar a fonte]

A súa plataforma política tamén apoia o reforzo do dereito de privacidade, tanto en Internet como na vida real. O partido non se pronuncia sobre outros temas polo que resulta imposible situalo en termos de dereita ou esquerda. Fundado o 1 de xaneiro de 2006, o partido contaría a principios de xullo con 7.326 afiliados. Este rápido crecemento débese en parte ao protagonismo que tivo esta formación nas protestas contra a pechadura do servidor de intercambio P2P Pirate Bay por parte da policía sueca. Ante a perspectiva de que sectores do electorado novo apoiasen o Partido Pirata nas eleccións, algúns partidos tradicionais, como o Partido Verde, o Partido Moderado e o Partido de Esquerda víronse forzados a cambiar as súas posicións sobre o copyright.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120925/AnuncioC3C1-240912-0004_gl.html Candidatura de Piratas.Gal nas galegas 2012