Wifredo Lam
Aparencia
| Nome orixinal | Wifredo Óscar de la Concepción Lam y Castilla |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 8 de decembro de 1902 Sagua La Grande |
| Morte | 11 de setembro de 1982 Boulogne-Billancourt |
| Grupo étnico | Pobo afroamericano e afrocubanos |
| Educación | Academia Nacional de Bellas Artes San Alejandro (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura |
| Lugar de traballo | París Cuba Madrid |
| Ocupación | pintor, gravador, ceramista, artista, muralista, debuxante arquitectónico, escultor, ilustrador, artista gráfico |
| Xénero artístico | Autorretrato e arte figurativa |
| Movemento | Surrealismo |
| Influencias | |
| Representante | Artists Rights Society |
| Participou en | |
| novembro de 2007 | Pinta Art Show |
| 28 de xuño de 1964 | Documenta III |
| 11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Lou Laurin-Lam |
| Descrito pola fonte | St. James Guide to Black Artists (en) My Own Past: Afrodescendant Contributions to Cuban Art (en) |
Wifredo Óscar de la Concepción Lam y Castilla, coñecido como Wilfredo Lam, nado en Sagua la Grande en 1902 e finado en París en 1982, foi un pintor, escultor e ceramista cubano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de chinés e afrocubana, a súa familia mudouse para A Habana en 1916, onde ingresou na Escola de Belas Artes. En 1923 trasládase a Madrid para estudar con Fernando Álvarez de Sotomayor. A partir de 1930 comeza a se notar a influencia do surrealismo na súa obra, así como de Henry Matisse e Joaquín Torres-García. En 1938 marchou a París, onde entrou en contacto con Pablo Picasso.