O voo 370 de Malaysia Airlines (MH370,[1] tamén designado segundo un acordo de código compartido como voo 748 CZ de China Southern Airlines)[2][3] foi un voo internacional de pasaxeiros, operado por un avión Boeing 777-200ER que transportaba 227 pasaxeiros e 12 tripulantes.[4] O voo 370 partiu da capital de MalaisiaKuala Lumpur, ás 00:41 do 8 de marzo de 2014 (hora local; UTC+8) nun voo de seis horas de duración cara á capital da China, Pequín. O centro de control de tráfico aéreo de Subang informou ás 02:40 que se perdera o contacto co aparello. As autoridades dos Estados Unidos, Australia, China, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur, Tailandia e Vietnam montaron un dispositivo de busca e rescate conxunto,[5][6] para buscaren os restos do aparello no mar da China Meridional.
O FBI investigou a posibilidade que fora un caso de terrorismo, focalizando a súa atención ao feito que cando menos dous pasaxeiros tiñan identidades falsas.[7][8][9] e o xefe da forza aérea de Malaisia, Rodzali Daud, afirmou que os sinais do radar amosan a posibilidade que a aeronave dera a volta[10], tras días de busca infrutuosa os investigadores concluíron que a aeronave desviara a súa ruta, dirixíndose cara ao oeste cruzando a península Malaia e voando durante horas despois de desaparecer do radar[11][12], dirixíndose intencionadamente cara ao Índico. O 20 de marzo, unha serie de imaxes de satélite amosaron posibles restos da aeronave no sur do Índico, ao suroeste de Australia, incrementándose a busca nesa zona.[13] Avións militares chineses e australianos avistaron máis restos en áreas próximas o 24 de marzo.[14] baseándose en análises de investigadores da aviación británica e da compañía de satélites Inmarsat fontes do goberno malaisiano e de Malaysia Airlines afirmaron que o avión caeu ao mar no sur do Índico, morrendo todos os seus ocupantes.[15]
Área teórica de busca do aeroplano, en azul zona aproximada onde as autoridades malaias afirman que o avión caeu ao mar.
O voo partiu do Aeroporto Internacional de Kuala Lumpur sen novidade aparecendo por derradeira vez no sistema de control automatizado do tráfico aéreo nas coordenadas 6°33′05″N 103°20′39″L / 6.5515, 103.3443 (Illas Tho Chu)[18], aproximadamente a 100km a NNE de Kuala Terengganu, cesando a comunicación pouco despois de pasar polo centro de control aéreo de Ho Chi Minh Area.[19][20] No tempo da súa desaparición, a aeronave tiña suficiente combustible para seguir voando sete horas e media.[21]
A aeroliña confirmou que as operacións de busca e rescate comezaran, dous navíos de rescate chineses desprazáronse ao mar da China Meridional para colaboraren.[22] e as autoridades malaisianas tamén enviaron un avión, dous helicópteros e catro navíos para participaren nos traballos de procura.[23]Filipinas tamén desprazou un avión de para axudar nos labor.[24][25] E Singapur enviou un C-130 Hercules para asistir na busca da aeronave desaparecida [24].
En 2019, o primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, subliñou que nunca renunciaría a buscar o paradoiro do avión.[26]
Segundo Malaysia Airlines, o capitán do voo era un malaisiano de 53 anos cunha experiencia de 18.365 horas de voo que entrara na compañía en 1981. O primeiro oficial tamén era malaisiano, de 27 anos, con 2.763 horas de voo, e empregado desde 2007.[20]
Segundo a listaxe publicada pola aeroliña había pasaxeiros de 15 nacionalidades diferentes, todos os 12 tripulantes eran de nacionalidade malaisiana.[27]