Level 1, Administration Building, South Support Zone (SSZ), Kuala Lumpur International Airport – KLIA, 64000 Sepang, Selangor Darul Ehsan, Malaysia Bangunan MAS, Jalan Sultan Ismail, Kuala Lumpur, Federal Territory, 50250, Malaysia 3rd Floor, MAS Complex, Subang International Airport, Subang, Selangor, Malaysia 3rd Floor, Administration Building 1, MAS Complex A, Sultan Abdul Aziz Shah Airport, 47200 Subang, Selangor Darul Ehsan, Malaysia
Malaysia Airlines Berhad (MAB) (malaio: Penerbangan Malaysia Berhad), anteriormente coñecida como Malaysian Airline System (MAS) (malaio: Sistem Penerbangan Malaysia), comercializada como Malaysia Airlines, é unha aeroliña malaisiana que opera voos dende o aeroporto de Kuala Lumpur e dende centros de conexións secundarios en Kota Kinabalu e Kuching cara a destinos en Asia, Oceanía e Europa. Malaysia Airlines é a aeroliña nacional de Malaisia e membro da alianza Oneworld. A sede da aeroliña atópase no aeroporto de Kuala Lumpur. En agosto de 2014 o fondo de riqueza soberana do goberno malaisiano Khazanah Nasional, que entón era dono do 69,37% da aeroliña, anunciou a súa intención de mercar o resto das participacións aos accionistas minoritarios e sacar á compañía da bolsa malaisiana, renacionalizando así a aeroliña.
Malaysia Airlines ten dúas aeroliñas subsidiarias: Firefly e MASwings. Firefly opera voos regulares dende as súas dúas bases no aeroporto de Penang e no aeroporto de Subang. A aeroliña céntrase en cidades terciarias. MASwings céntrase nos voos dentro de Borneo. Malaysia Airlines ten unha frota de carga operada pola súa compañía irmá MASkargo, que xestiona voos de carga e a capacidade de carga de todos os voos de pasaxeiros de Malaysia Airlines.
Malaysia Airlines ten as súas raíces en Malayan Airways Limited, fundada en Singapur nos anos 30, e realizou o seu primeiro voo comercial en 1947. Foi bautizada como Malaysian Airways tras a formación da Federación de Malaisia en 1963. En 1966, tras o Acordo de independencia de Singapur de 1965, a aeroliña foi renomeada Malaysia-Singapore Airlines (MSA), antes de que os seus activos se dividisen en dúas aeroliñas nacionais seo¡paradas en 1972 Malaysian Airline System (MAS) e Singapore Airlines.[1]