Rolls-Royce Trent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolls-Royce Trent
Rolls-Royce Trent 970 nun Airbus A380
Tipoturboventilador
FabricanteRolls-Royce
Primeiro encendidoagosto de 1990
Principais aplicaciósAirbus A330, Airbus A340, Airbus A350, Airbus A380, Boeing 777, Boeing 787
Desenvolvido doRolls-Royce RB211
Desenvolvido enRolls-Royce MT30

O Rolls-Royce Trent é unha familia británica de motores turboventilador de alto índice de derivación fabricada por Rolls-Royce. Todos son desenvolvementos do RB211 con capacidades de pulo dos 240 ata os 430 kN. As distintas versións do Trent están en servizo nos Airbus A330, A340, A350, A380, Boeing 777 e 787. O Trent tamén foi adaptado para aplicacións marítimas e industriais.

Lanzado por vez primeira en agosto de 1990 como o modelo Trent 700, o Trent logrou un éxito comercial significativo, sendo seleccionado como motor de lanzamento para as dúas variantes do 787 (Trent 1000), o A380 (Trent 900) e o A350 (Trent XWB). A súa cota total nos mercados nos que compite é de ao redor do 40%.[1] As vendas da familia Trent converteron a Rolls-Royce no segundo maior provedor de grandes turboventiladores civís tras General Electric, relegando ao seu rival Pratt & Whitney á terceira posición.

Segundo a tradición de Rolls-Royce de bautizar aos seus motores de reacción co nome de ríos (ás veces descoidada),[2] este motor foi chamado así polo río Trent nas Midlands inglesas. Singapore Airlines é a día de hoxe o maior operador de Trents, con cinco variantes en servizo ou pedidas.

Variantes[editar | editar a fonte]

Trent 600 – primeira proposta[editar | editar a fonte]

A variante inicial, o Trent 600, usouse para equipar o McDonnell Douglas MD-11 con British Caledonian como cliente de lanzamento do motor. Porén, British Airways cancelou o pedido do MD-11 cando mercou British Caledonian en 1987. Co colapso de Air Europe en 1991 tras a Guerra do Golfo perdeuse o outro cliente que quedaba do MD-11 equipado co Trent. Como o propio MD-11 estaba tendo vendas moi pobres debido aos seus problemas para acadar os seus obxectivos de rendemento, o Trent 600 foi degradado a un programa de demostración, e o desenvolvemento de motores pasou ao Trent 700 que equiparía ao Airbus A330.

Trent 700[editar | editar a fonte]

Trent 700 nun A330 de Saudia

En abril de 1989 Cathay Pacific converteuse no primeiro cliente en pedir un avión de Airbus equipado con motores Rolls-Royce cando encargou dez Airbus A330 co Trent 700. O mes seguinte Trans World Airlines realizaría un pedido para 20 A330.

O Trent 700 funcionou por vez primeira en agosto de 1990 e conseguiu a certificación en xaneiro de 1994. En marzo de 1995 conseguiu unha aprobación ETOPS de 90 minutos, que pasou aos 120 minutos en decembro de 1995 e aos 180 en maio de 1996.[3]

O primeiro A330 impulsado por un Trent 700 voou en agosto de 1994 e entrou en servizo con Cathay Pacific en marzo de 1995.[4]

Trent 800[editar | editar a fonte]

Ao mesmo tempo Boeing estaba traballando nun desenvolvemento alongado do seu 767, bautizado como 767X, para o cal Rolls-Royce propuxo o Trent 760. Cara 1990 Boeing abandonou os plans para o 767X e no seu lugar decidiu lanzar unha nova familia máis grande designada 777 cun requirimento de potencia de 360 kN ou máis. Os 2,47 metros de diámetro do fan do Trent 700 non serían suficientes para conseguir ese requirimento, polo que Rolls-Royce propuxo unha nova versión cun diámetro de 2,8 m, designada Trent 800.

As probas do Trent 800 iniciáronse en setembro de 1993, e a certificación chegou en xaneiro de 1995.[3] O primeiro Boeing 777 con motores Trent 800 voou en maio dese ano e entrou en servizo con Cathay Pacific en abril de 1996.

Inicialmente Rolls-Royce tivo dificultades para vender o motor; British Airways, traditionalmente un cliente de Rolls-Royce, realizou un gran pedido co motor da competencia General Electric GE90. O punto de inflexión chegou cando foi elixido por Singapore Airlines, anteriormente un firme cliente de Pratt & Whitney, para os seus 34 Boeing 777. O Trent 800 ten un 40% do mercado de motores para as versións do 777 que o ofrecen.[5]

Trent 8104[editar | editar a fonte]

En 1998 Boeing propuxo novas variantes do 777 cun maior alcance. Aproveitando a capacidade de crecemento do Trent 800 Rolls-Royce deseñou e fabricou un motor mellorado designado Trent 8104, que posteriormente sería aumentado de tamaño para desenvolver o máis grande 8115. Este deseño foi o primeiro motor en chegar aos 440 kN de pulo, e posteriormente o primeiro en acadar os 490 kN. Porén, o antigo presidente de GE Aviation James McNerney (que despois sería presidente de Boeing) ofreceu con éxito ao fabricante ata 500 millóns de dólares para desenvolver o 777 a cambio de que equipase en exclusiva os seus motores.Boeing accedeu en xullo de 1999 polo que o GE90-110B e o GE90-115B serían os únicos motores nos 777 de longo alcance.[6] Isto fixo que o 8104 se convertese nun programa de demostración, a pesar de establecer novos avances na industria.

Trent 500[editar | editar a fonte]

En 1995 Airbus comezou a considerar un motor para dúas novas versións de longo alcance do A340, designadas A340-500/-600. En abril de 1996 Airbus asinou un acordo con General Electric para desenvolver un motor axeitado, pero decidiu non continuar adiante cando GE demandou un contrato en exclusiva para o A340. Despois dun concurso con Pratt & Whitney, Airbus anuniou o 15 de xuño de 1997 no París Air Show que fora seleccionado o Trent 500 para equipar aos A340-500 e -600.[7] Dous anos despois, en maio de 1999, o Trent 500 funcionou por primeira vez e conseguiu a certificación en deembro de 2000. Entrou en servizo no A340-600 con Virgin Atlantic Airways en xullo de 2002 e no A340-500 con Emirates en decembro de 2003.

Cando rematou a fabricación do A340 en 2011, foran entregados un total de 131 A340-500/-600 con 524 motores Trent 500 engines; Lufthansa é o operador con máis unidades, ao mercar 24 A340-600.[8]

Trent 900[editar | editar a fonte]

Trent 900 na planta de montaxe do A380

A principios dos 90 Airbus comezou a desenvolver un sucesor máis grande do Boeing 747, un avión designado A3XX que posteriormente sería lanzado formalmente como o Airbus A380. Cara 1996 a súa definición progresara ata tal punto que Rolls-Royce puido anunciar que desenvolvería o Trent 900 para impulsar o A380. En outubro do ano 2000 o Trent 900 converteuse no motor de lanzamento do modelo cando Singapore Airlines elixíuno para o seu pedido de 10 A380. Pouco despois seguílle Qantas en febreiro de 2001.

O Trent 900 funcionou por primeira vez o 17 de maio de 2004 nun Airbus A340-300 de probas, substituíndo un dos motores CFM56-5 internos, e conseguiu a certificación da Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) o 29 de outubro de 2004 e da Administración Federal de Aviación (FAA) o 4 de decembro de 2006.[9][10] Rolls-Royce anunciou en outubro de 2007 que a fabricación do Trent 900 reiniciaríase despois dunha suspensión de 12 meses causada por atrasos no A380.

O 27 de setembro de 2007 British Airways anunciou a selección do Trent 900 para equipar 12 avións A380,[11] axudando a que a porcentaxe do mercado do motor no A380 chegase ao 52% a finais de febreiro de 2009.

O 4 de novembro de 2010 un Trent 900 experimentou un fallo no voo 32 de Qantas sobre Singapur. Tras a investigación Rolls-Royce anunciou que o problema era específico do Trent 900,[12] e non relacionado co fallo dun Trent 1000 baixo probas.[13]

Trent 600 - segunda proposta[editar | editar a fonte]

En xullo do ano 2000 Rolls-Royce asinou un acordo con Boeing para ofrecer o motor Trent 600 en desenvolvementos dos 767 e 747. A variante do 767 sería unha versión de máis alcance do Boeing 767-400ER que sería impulsado polo Trent 600 e o Engine Alliance GP7172, aínda que ao final este avión nunca foi lanzado. Cando Boeing finalmente lanzou o 747-8 en 2005 anunciou que o General Electric GEnx sería o único motor dispoñible.

Trent 1000[editar | editar a fonte]

O 6 de abril de 2004 Boeing anunciou que seleccionara dous socios para os motores do seu novo 787, Rolls-Royce e General Electric. Inicialmente Boeing considerou a idea dun único otor para o 787, sendo GE o candidato favorito. Porén, os clientes potenciais demendaron distintas opcións e Boeing cedeu. Ámbolos dous tipos de motores terían unha interface estándar no avión, permitindo que calquera 787 fose equipado cun motor GE ou Rolls-Royce en calquera momento mentres se modificase tamén o pío.

No mes de xuño de 2004 Air New Zealand realizou a primeira elección pública de motor, elixindo o Trent 1000 para os seus dous primeiros pedidos en firme. No pedido máis grande de 787, All Nippon Airways seleccionou a Rolls-Royce como provedor do seu motor o 13 de outubro de 2004. O Trent 1000 sería o motor de lanzamento das tres variantes do 787, a -8 con ANA, a -9 con Air New Zealand e a -10 con Singapore Airlines.[14] O 7 de xullo de 2007 Rolls Royce asegurou o seu pedido máis grande dunha compañía de leasing cando ILFC realizou un pedido por un valor de 1 300 millóns de dólares do Trent 1000, para equipar os 40 787 que pedira,[15] e o 27 de setembro de 2007 British Airways anunciou a selección do Trent 1000 para impulsar 24 Boeing 787. A porcentaxe de mercado entre os motores do 787 do Trent 1000 é a día de hoxe de ao redor do 60%.[16]

O primeiro encendido do Trent 1000 foi o 14 de febreiro de 2006,[17] voando por primeira vez no propio banco de probas de Rolls-Royce (un Boeing 747-200 modificado) o 18 de xuño de 2007 dende o aeroporto de Waco, Texas.[18] O motor recibiu a certificación da FAA e da EASA o 7 de agosto de 2007.[19] A entrada en servizo atrasouse ata setembro de 2011 tras unha serie de atrasos no programa do Boeing 787.[20]

Trent 1500[editar | editar a fonte]

Un motor para substituír o Trent 500, coñecido de forma non oficial como Trent 1500, foi proposto para axudar aos Airbus A340-500/600 a competir cos Boeing 777-200LR/300ER.[21] Porén, o anuncio do A350 XWB, que cubría o mercado do A340, evitaría que o Trent 1500 se convertese nunha realidade.

O Trent 1500 conservaría os 2,47 metros de diámetro do Trent 500, ademais da súa góndola, pero incorporando os máis pequenos e avanzados xerador de gases e turbina de baixa presión dos Trent 1000/XWB axeitadamente modificados.

Trent XWB[editar | editar a fonte]

O Trent XWB é unha serie de motores turboventilador desenvolvidos a partir do RB211 e usados en exclusiva polo Airbus A350 XWB.[22] Ten un rango de potencia na engalaxe de 330–430 kN e un diámetro do fan de 3 metros.[23]

Trent 7000[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rolls-Royce Trent 7000.

Oficialmente anunciado o 14 de xullo de 2014 no Farnborough Airshow, o Trent 7000 será o motor exclusivo para o Airbus A330neo. O Trent 7000 usará a experiencia previa do Trent 700 usado no A330, a arquitectura do Trent 1000-TEN, que é a derradeira versión do Trent 1000, e a tecnoloxía do Trent XWB. Os motores ofrecerán un rango de potencia de 300–320 kN. O Trent 7000 encendeuse por vez primeira o 27 de novembro de 2015.[24]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rolls-Royce (ed.). "Biggest Market share for new generation of widebodied aircraft". Archived from the original on 18 de xullo de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  2. See Gunston, Bill (1989). Patrick Stephens Limited, ed. World Encyclopedia of Aero Engines. Cambridge. ISBN 978-1-85260-163-8. 
  3. 3,0 3,1 Jane's (ed.). "Aero-Engines—Rolls-Royce Trent". Archived from the original on 10 de novembro de 2007. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  4. Planespotters (ed.). "B-HLA Dragonair Airbus A330-300—cn 071". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  5. Rolls-Royce (ed.). "Trent 800". Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  6. Aviation Strategy (ed.). "Power play: implications of the GE/Boeing deal". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  7. Aviation week (ed.). "Airbus shots for 25". Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  8. Airbus (ed.). "Pedidos e entregas de Airbus". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  9. EASA (ed.). "RB211 Trent 900 Series Engines Type-Certificate Data Sheet" (PDF). Archived from the original on 13 de outubro de 2006. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  10. FAA (ed.). "Type Certificate Data Sheet" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  11. BBC (ed.). "Rolls-Royce hit by Airbus delays". Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  12. AIN online (ed.). "Rolls-Royce: A380 Engine Failure Specific to Trent 900". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  13. Aviation week (ed.). "Oil Fire Suspected In Trent 1000 Failure". Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  14. Flightglobal (ed.). "787 special: Starting block". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  15. Rolls-Royce (ed.). "ILFC selects Rolls-Royce Trent 1000 for 40 Boeing 787s". Archived from the original on 27 de setembro de 2007. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  16. Rolls-Royce (ed.). "Trent 1000 momentum in the market". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  17. Flightglobal (ed.). "Trent 1000 completes testbed run". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  18. Flightglobal (ed.). "Rolls-Royce flies Boeing 787’s Trent 1000 engine on 747 testbed". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  19. Flightglobal (ed.). "European and US regulators certify Trent 1000 for Boeing 787". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  20. Reuters (ed.). "Boeing 787 Dreamliner on track to fly in June". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  21. Flightglobal (ed.). "Enhanced A340 to take on 777". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  22. Rolls-Royce (ed.). "Trent XWB". Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  23. Flightglobal (ed.). "Airbus revises A350 Trent XWB thrust values following weight increases". Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  24. Fifty Sky Shades (ed.). "Rolls-Royce celebrates first run of Trent 7000 engine". Consultado o 26 de xaneiro de 2017.