Volodymyr Zelensky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Volodymyr Zelensky
Volodymyr Zelensky Official portrait (cropped).jpg
Nome completoВолодимир Олександрович Зеленський e Владимир Александрович Зеленский
AlcumeЗелёный
Nacemento25 de xaneiro de 1978
 Kryvyi Rih
NacionalidadeUcraína e Unión Soviética
EtniaPobo ucraíno
Alma máterKryvyi Rih Institute of Economics
Ocupaciónguionista, xurista, humorista, presentador, produtor de cine, cantante, actor, presentador de televisión, produtor de televisión, imitador, humorista, entertainer, político, showman, director de cinema e KVN actor
PaiOleksandr Zelenskyy
NaiRimma Zelenska
CónxuxeOlena Zelenska
Fillossen etiquetar
Autograph-VolodymyrZelensky.png
editar datos en Wikidata ]

Volodymyr Olexandrovytch Zelensky[1] (en ucraíno: Володимир Олександрович Зеленський; en ruso: Владимир Зеленский) nado en Krivoi Roh o 25 de xaneiro de 1978, é un político, guionista, actor, comediante e produtor/director cinematográfico ucraí­no, actual presidente da Ucraína desde 2019, sendo o 6.º presidente desta república.[2] Zelensky fíxose popular no seu país por interpretar o personaxe principal dunha serie de TV.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido no sueste da Ucraína, Zelensky é fillo de pais xudeus.[5] Estudou na Universidade Nacional Económica de Kiev, onde se graduou en Dereito. No entanto, nunca exerceu actividades no campo xurídico.[6][7] Iniciou a súa carreira artística aos 17 anos, nun concurso de comedia. Fíxose coñecido entre os ucraínos ao estabelecer e liderar a empresa "Kvartal 95".[8][9] En 2015, Zelenski fíxose moi popular pola serie de televisión Servo do Pobo, na cal interpretou o papel de presidente da Ucraína.[10][11] Zelenski foi un dos actores do programa cómico "Kiev á tarde", obtendo popularidade a partir da mesma. Vladimir satirizaba a realidade ucraína e o ultranacionalismo ucraíno, pois defendía que Ucraína era un país multilingüe, e apoiaba a protección da lingua rusa (moi falada no leste do país) e doutras linguas minoritarias do oeste. A pesar deste apoio, Vladimir, nunha das súas actuacións apoiou o exército ucraíno, dicindo: "Grazas por defendernos destes diabos".[12][13]

Zelenski apoiou o movemento Euromaidan e o exército ucraíno durante a guerra cos rebeldes pro-Rusia no leste do país.[14] O 31 de decembro de 2018, anunciou a súa candidatura á presidencia de Ucraína. Durante a campaña presentou un discurso de renovación e anticorrupción.[15][16] A súa ascendencia nas enquisas foi froito do rexeitamento cara ás elites e aos políticos, vistos por boa parte da poboación como incapaces de superar as dificultades económicas e os escándalos de corrupción.[17][18][19][20] Na primeira volta das eleccións presidenciais de 2019, o 31 de marzo, recibiu o 30% dos votos - sendo o candidato máis votado -, contra o 16% de Petro Poroshenko, o presidente entón en exercicio - e 13% de Iúlia Timochenko.[21] Zelenski e Poroshenko pasaron á segunda volta, realizada o 21 de abril de 2019, e Zelensky acabou sendo facilmente elixido na mesma, recibindo o 73% dos votos.[22][23][24]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zelenski e Poroshenko disputarão 2º turno na Ucrânia, segundo pesquisas". 31 de março de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  2. "Зеленський Володимир Олександрович". 2019. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  3. Roman Olearchyk (2019). "Volodymyr Zelensky on track to win first round in Ukraine poll". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  4. Andrea Kannapell e Hiroko Masuike (1 de abril de 2019). "Security Clearances, Nipsey Hussle, April Fools’: Your Monday Evening Briefing". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  5. Eldad Beck (31 de março de 2019). "Jewish Ukrainian actor leads country's presidential race". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  6. "VLADIMIR ZELENSKIY". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  7. "Russian millions and oligarch Kolomoisky: Secrets of Ukraine's wannabe prez Zelensky". 26 de fevereiro de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  8. Owen Matthews (28 de março de 2019). "In Ukraine’s presidential elections, life is imitating Netflix". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  9. "Vladimir Zelensky: a small, but very charismatic artist with a unique voice". 14 de dezembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  10. Annabelle Timsit (29 de março de 2019). "A comedian who played the president on TV could become Ukraine’s actual president". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  11. Andrew E. Kramer (16 de março de 2019). "He Played a President on Ukrainian TV. Now He Wants the Real Thing.". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  12. "Зеленський представив свою команду". 
  13. "Зеленский — назвал ополченцев и тех кто их поддерживает мразью". 
  14. "Зеленський заявив про рішення йти у президенти (відео)". 1 de janeiro de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  15. "Comediante lidera votação à presidência da Ucrânia". 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  16. Melanie G. Mierzejewski-Voznyak (26 de março de 2019). "Ukraine's Presidential Election and the Future of its Foreign Policy". Consultado o 1 de abril de 2019. 
  17. "Comediante vence 1º turno da eleição presidencial na Ucrânia". 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  18. Igor Gielow (29 de março de 2019). "Onda antipolítica leva humorista a ser o favorito à presidência da Ucrânia". Consultado o 1 de abril de 2019. 
  19. "Comediante lidera pesquisa eleitoral para presidente da Ucrânia". 8 de fevereiro de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  20. Nadjejda Vicente (29 de março de 2019). "Ucranianos vão às urnas para escolher entre velha e nova política". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  21. "Ukraine election: Comedian leads presidential contest". 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  22. "Comediante Volodymyr Zelenskiy é eleito presidente da Ucrânia". 21 de abril de 2019. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  23. Yuliya Talmazan (1 de abril de 2019). "Comedian Volodymyr Zelensky leads Ukraine's presidential vote". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  24. Nathan Hodge, Anna-Maja Rappard e Jack Guy (1 de abril de 2019). "Comedian Volodymyr Zelensky takes big lead in Ukraine elections". Consultado o 2 de abril de 2019.