Terneuzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terneuzen
Bandeira de Terneuzen Escudo de Terneuzen
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Terneuzen respecto de Zelandia
País: Países Baixos Países Baixos
Provincia: Flag of Zeeland.svg Zelandia
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
317,78 km²
251,40 km²
66,38 km²
Poboación
Poboación: 55.144 (2009)
Densidade: 219 hab/km²
Información
Código postal: 4520-4523, 4530-4559, 4570-4579
Alcalde: Jan Lonink (PvdA)
Sitio na web: www.terneuzen.nl

Terneuzen é unha cidade e un concello ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia, no medio do Flandres Zelandés. Con arredor de 55.000 habitantes é o concello máis populoso de Zelandia.

Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

Casa do Concello
Vista da cidade
  • Terneuzen (poboación: 24.150)
  • Axel (8.274)
  • Sas van Gent (4.000)
  • Zaamslag (3.018)
  • Hoek (3.000)
  • Koewacht (2.700)
  • Sluiskil (2.700)
  • Philippine (2.200)
  • Westdorpe (2.028)
  • Biervliet (1.671)
  • Zuiddorpe (1.000)
  • Zandstraat (379)
  • Spui (300)
  • Overslag (250)

A cidade de Terneuzen[editar | editar a fonte]

A cidade de Terneuzen, atópase na beira sur do estuario Westerschelde. Pódese chegar dende o resto dos Países Baixos a través do túnel Westerschelde, que abriu as súas portas en marzo de 2003.

Mencionada por primeira vez en 1325, Terneuzen é un porto estratexicamente situado nas vías navegábeis de Gante, na actual Bélxica. Hoxe en día a canle Gante-Terneuzen, segue sendo unha importante ruta de transporte marítimo. O porto de Terneuzen é o terceiro máis grande nos Países Baixos, despois dos de Rotterdam e Ámsterdan. A maior planta de Dow Chemical Company fóra dos Estados Unidos atópase na cidade, no lado oeste da canle Gante-Terneuzen.

A tradición afirma que foi Terneuzen foi unha vez o fogar do lendario Holandés Errante (The Flying Dutchman), Van der Decken, un capitán que maldiciu a Deus e foi condenado a sucar os mares para sempre, como se describe na novela de Frederick Marryat, O buque pantasma e a ópera de Richard Wagner.

Recibiu en 1584 os dereitos de cidade. Antes de 1877, a cidade era chamada a miúdo Neuzen.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]