Reimerswaal é un concello e unha cidade perdida ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. A cidade de Goes ten 21.327 habitantes (2008) e unha superficie de 243,08km² (dos cales 141,11 son de auga). Dos núcleos de poboación do concello destaca a cidade Yerseke, coñecida polo comercio dos mexillóns e as ostras e Kruiningen polo antigo transbordador de Kruiningen Perkpolder (en servizo até 2003). O municipio de Reimerswaal xurdiu en 1970, a partir da fusión dos municipios de Krabbendijke, Kruiningen, Rilland-Bath, Waarde e Yerseke.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
O nome do concello provén da antiga cidade de Reimerswaal. Esta vila recibira os seus dereitos de cidade en 1374, máis finalmente foi destruída por reiteradas inundacións, abandonándoa os seus últimos habitantes en 1374, da cidade xa non queda nada. Estaba localizada no que hoxe é o norte do concello, ao leste de Oosterschelde, na terra que hoxe se coñece como "Verdronken Land van Reimerswaal" (Terras anegadas de Reimerswaal).