Borsele
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
| País | Países Baixos | ||||
| Provincias | Zelandia | ||||
| Capital | Borssele (en) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 22.818 (2021) | ||||
| Número de fogares | 9.293 (2015) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 194,52 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Hoedekenskerke (en) | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Borsele (en) | Jaap Gelok (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 4430–4459 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0113 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | borsele.nl | ||||
Borsele é un concello ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. O nome do municipio escríbese cun só "s", mentres que o do núcleo da poboación principal se escribe con dobre "s" (Borssele).
Economía
[editar | editar a fonte]En Borssele hai unha planta de enerxía nuclear cun reactor de auga presurizada (PWR) cunha potencia neta de 452 MW, a única planta nuclear en funcionamento para a produción de electricidade nos Países Baixos. A autorización de explotación prorrogouse até o ano 2033, vinte anos máis da data de peche inicialmente prevista (ano 2013).
O centro COGEMA reprocesa o material fisionable gastado en La Hague, na Baixa Normandía (Francia). Parte do tratamento do residuo nuclear, é dicir, os produtos do reprocesado que non son reutilizables, son devoltos aos Países Baixos, onde son almacenados no COVRA, (Almacén Central para os Residuos Nucleares), que se atopa tamén en Borssele e que é a localización nacional para tódolos residuos nucleares. Dispón dunha superficie suficiente para os próximos 100 anos.
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]Baarland, Borssele, Driewegen, Ellewoutsdijk, 's-Gravenpolder, 's-Heer Abtskerke, 's-Heerenhoek, Heinkenszand, Hoedekenskerke, Kwadendamme, Lewedorp, Nieuwdorp, Nisse, Oudelande e Ovezande.
Transporte
[editar | editar a fonte]O túnel Western Scheldt vai de Ellewoutsdijk a Terneuzen en Zeeuws-Vlaanderen.
