Rama (hinduísmo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Varuna emerxe das ondas a Rama revelándolle que era o avatar de Vishnu.[1]

Rama (en sánscrito no devanágari : राम), no hinduísmo, é considerado un dos avatares do deus Vishnu.[2] A el está dedicado o poema sagrado Ramáiana ou Ramayana, unha das narracións históricas (Itihasas) máis respectadas e veneradas da cultura védica.

Significado e historia[editar | editar a fonte]

O nome Ramachandra significa "a fonte de todo o pracer", facendo un paralelismo con Chandra (a lúa), pola súa beleza e serenidade que ilumina a terra. A vida de Rama exemplifica a adhesión ao dharma, o deber moral e social. Pola honra ao seu pai, Rama renuncia ao seu dereito ao trono de Kosala e acepta un exilio de catorce anos na selva, acompañado pola súa esposa Sita e o seu irmán Lakshmana.[3]

Rama é considerado o ideal de virtudes —un fillo perfecto, un esposo fiel, un irmán cariñoso, un amigo leal e un gobernante xusto—. A súa historia, incluíndo o seu casamento con Sita e a batalla contra o demo Ravana con axuda de Hanuman, é descrito no Ramáiana.

Rama na cultura popular[editar | editar a fonte]

Na literatura moderna, Rama transcendeu os límites dos textos relixiosos. Un exemplo é a novela Cita con Rama (Rendezvous with Rama) de Arthur C. Clarke, publicada en galego pola editorial Hugin e Munin, onde se emprega o nome desta deidade para unha nave espacial extraterrestre.[4][5] Outros tres libros de Clarke e Gentry Lee fan mención á mesma nave: "Rama II" (1989), "The Garden of Rama" (1991) e "Rama Revealed" (1993).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rama encounters Varuna, god of the sea. "echoesinthemist.com". Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  2. Ganguly, S. (2003). "The Crisis of Indian Secularism". Journal of Democracy 14: 11–25. Consultado o 12-4-2008. 
  3. Mark, Joshua J. "Hinduismo". worldhistory.org (en inglés e castelán). Consultado o 2024-04-07. 
  4. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  5. Cita con Rama. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-2-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.