Frase feita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As frases feitas son unidades formadas por un grupo de palabras que se empregan de xeito estábel na lingua. Adoitan ter unha forma fixada que non admite variacións. A frase feita adquire un significado propio, diferente ao da suma das palabras individuais que a forman e lonxe do seu sentido literal. Isto pódese observar nas expresións dar un brazo por algo, que ten o significado de 'sacrificarse', baixar a garda 'relaxarse' ou beber os ventos 'gustar moito'[1].

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • Rápido: coma un lóstrego, coma un raio, a fume de carozo, a lume de biqueira, a máis non dar, ás carreiras.
  • Falar moito ou falar de máis: darlle ao tarabelo, botar a lingua (a) pacer, falar polas orellas, falar por sete, darlle ao badal.
  • Estar forte, san: estar coma un buxo, coma un carballo; ser forte coma un breu.
  • Ser listo, espelido: listo coma un allo, ser coma un cuco, ter ourellas de raposo.
  • Estar distraído: estar nas verzas, estar nas patacas, estar nos biosbardos, andar aos biosbardos.
  • Non ter cartos: non ter un can, andar á miñoca, non ter un pataco.
  • Buscar o proveito propio: varrer para a casa, levar a auga para o seu muíño.
  • Rematar unha conversa, discusión: morra o conto, botar terra ao asunto.
  • Ter o mando: cortar o bacallau, ter a vara e a besta.
  • Calar, non replicar: agachar as orellas, baixar as orellas, marchar coas orellas gachas, marchar co rabo entre as pernas.
  • Namorar a alguén, cortexar: facer as beiras, facer a roda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez de la Granja, María (2003). As locucións verbais galegas. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-246-7.