Totò

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Totò
Nome completoAntonio Focas Flavio Angelo Ducas Comneno di Bisanzio De Curtis Gagliardi
Alcume/outrosPrincipe della risata
Nacemento15 de febreiro de 1898
LugarNápoles, Italia
Falecemento15 de abril de 1967 (69 anos)
LugarRoma, Italia
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCemetery of Santa Maria del Pianto
NacionalidadeItalia Italiana
Parella(s)Franca Faldini
Cónxuxe(s)Diana Bandini Rogliani (1935-1939)
FillosLiliana de Curtis
ProfesiónActor
Na rede
https://www.associazioneantoniodecurtisinartetoto.com/
IMDB: nm0869451 Allocine: 1144 Rottentomatoes: celebrity/toto Allmovie: p114436
Musicbrainz: 7afeaec7-baee-41c7-b42e-71f42b77a9df Discogs: 1522915 WikiTree: Clemente-151 Find a Grave: 8000160 Genius: Antonio-de-curtis Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Antonio Focas Flavio Angelo Ducas Comneno di Bisanzio De Curtis Gagliardi, ou máis sinxelamente Antonio De Curtis, nado en Nápoles o 15 de febreiro de 1898 e finado en Roma o 15 de abril de 1967 foi un actor, letrista, poeta e cómico italiano, coñecido como Totò.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Totò naceu dunha relación clandestina entre a súa nai Anna Clemente e Giuseppe De Curtis, que non o recoñeceu oficialmente ata 1937. A pesar dos desexos paternos para que se fixese sacerdote, Antonio, estimulado polos seus primeiros éxitos sobre os escenarios infantís nos que participou, viuse atraído polo mundo do espectáculo, comezando a frecuentar os pequenos teatros periféricos a Nápoles e participando en pequenos monólogos (macchiette), utilizando o pseudónimo de Clerment. Neses teatros coñeceu actores coma Eduardo e Peppino De Filippo.

Logo do servizo militar, realizado en Alessandria, durante a primeira guerra mundial, continuou a súa carreira de macchiettista, logrando o seu primeiro éxito na Sala Napoli da súa cidade cunha parodia da canción “Vipera”, convertida en “Vicolo”.

Totò trasladouse a Roma coa súa nai, obtendo papeis en pequenas compañías teatrais. Tras coñecer o propietario teatral Giuseppe Jovinelli, entrou no mundo dos ballets musicais cómicos, nos que logrou un grande éxito. Así chegou á Sala Umberto I, frecuentada pola alta sociedade romana.

Comezou a ser coñecido a nivel estatal a partir de 1927, saíndo de xira polas principais cidades italianas. Coñeceu a actriz Liliana Castagnola, coa que tivo unha breve mais intensa relación amorosa. Trala decisión de Totò de acabar coa relación, Liliana decidiu acabar coa súa vida inxerindo unha sobredose de medicamentos. Totò quedou tan impresionado co feito que decidiu enterrala na capela dos De Curtis en Nápoles e chamou á súa propia filla Liliana.

En 1930, coa chegada do sonoro, entrou no mundo do cinema. Foi Stefano Pittaluga, produtor do 95% dos filmes italianos da época quen decidiu darlle unha oportunidade. O filme finalmente non foi estreado, mais si se conserva a proba de cámara. O verdadeiro debut cinematográfico foi en 1937 en Fermo con le mani! dirixido por Gero Zambuto, intento de ofrecer temas tocados por Charlot. Nunha escena non censurada polas autoridades da época parodia ao propio Benito Mussolini. Antes da guerra rodou outros cinco filmes, con elementos surreais.

O período dourado do cómico foi entre 1947 e 1952, con parodias de grande éxito e referencias explícitas á actualidade da época: a posguerra, o mercado negro ou os novos ricos foron vítimas de Totò, tanto nos escenarios coma no cinema.

Porén, no persoal a situación non era boa. A súa esposa, coa que convivía a pesar de estar separados legalmente, coñeceu un avogado e casou con el. Cando en 1951 a súa filla casou tamén quedou só. En 1954 faleceu sendo bebé o fillo que tivo con Franca Faldini. Este feito sumiu o actor nunha depresión da que tardou en saír.

Totò experimentou en 1952 co sistema Ferraniacolor no seu filme Totò a colores e co cinema en 3-D en Il più comico spettacolo del mondo. En 1956 protagonizou a súa última revista, durante a que contraeu unha broncopulmonía da que nunca chegou a recuperarse. Perdeu ademais gran parte da vista. Porén, os seus últimos anos de vida foron de gran traballo a pesar da enfermidade.

Faleceu repentinamente na súa casa de Viale di Paroli (Roma). O seu funeral en Nápoles foi seguido por unhas duascentas mil persoas.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

  • Fermo con le mani!, Gero Zambuto (1937).
  • Animali pazzi, Carlo Ludovico Bragaglia (1939).
  • San Giovanni decollato, Amleto Palermi (1940).
  • L'allegro fantasma, Amleto Palermi (1941).
  • Arcobaleno, Giorgio Ferroni (1943).
  • Due cuori fra le belve, reeditado trala guerra co título de Totò nella fossa dei leoni, dirixido por Giorgio Simonelli (1943).
  • Il ratto delle Sabine, reeditado trala guerra co título de Il professor Trombone, dirixido por Mario Bonnard (1945).
  • I due orfanelli, Mario Mattòli (1947).
  • Fifa e arena, Mario Mattòli (1948).
  • Totò al giro d'Italia, Mario Mattòli (1948).
  • I pompieri di Viggiù, Mario Mattòli (1949).
  • Yvonne la nuit, Giuseppe Amato .
  • Totò cerca casa, Mario Monicelli (1949).
  • Totò le Mokò Carlo Ludovico Bragaglia (1949).
  • L'imperatore di Capri, Luigi Comencini (1949).
  • Totò cerca moglie, Carlo Ludovico Bragaglia (1950).
  • Napoli milionaria , Eduardo De Filippo (1950).
  • Figaro qua, Figaro là, Carlo Ludovico Bragaglia (1950).
  • Le sei mogli di Barbablù, Carlo Ludovico Bragaglia (1950).
  • Tototarzan, Mario Mattòli (1950)
  • Totò sceicco, Mario Mattòli (1950)
  • 47 morto che parla, Carlo Ludovico Bragaglia (1950)
  • Totò terzo uomo, Mario Mattòli (1951)
  • Sette ore di guai, Vittorio Metz e Marcello Marchesi (1951)
  • Guardie e ladri, Steno e Mario Monicelli (1951).
  • Totò e i re di Roma, Steno e Mario Monicelli (1951).
  • Totò a colori, Steno (1952).
  • Dov'è la liberta?, Roberto Rossellini (1952).
  • Totò e le donne, Steno (1952).
  • L'uomo, la bestia e la virtù, Steno (1953).
  • Un turco napoletano, Mario Mattòli (1953).
  • Una di quelle, Aldo Fabrizi (1953).
  • Il più comico spettacolo del mondo, Mario Mattòli (1953).
  • Totò e Carolina, Mario Monicelli (1953).
  • La patente, episodio de Questa è la vita, Luigi Zampa (1954).
  • Miseria e nobreza, Mario Mattòli (1954).
  • La macchina fotografica, episodio de Tempi nostri, Alessandro Blasetti (1954).
  • I tre ladri, Lionello De Felice (1954).
  • O médico dos loucos, Mario Mattòli (1954). Tamén guionista.
  • Totò cerca pace, Mario Mattòli (1954).
  • Il guappo, episodio de L’oro di Napoli, Vittorio De Sica (1954).
  • Totò all'inferno, Camillo Mastrocinque (1955). Tamén guionista.
  • Siamo uomini o caporali?, Camillo Mastrocinque (1955). Tamén guionista.
  • Racconti romani, Gianni Franciolini (1955).
  • Destinazione Piovarolo, Domenico Paolella (1955).
  • Il coraggio, Domenico Paolella (1955). Tamén guionista.
  • La banda degli onesti, Camillo Mastrocinque (1956).
  • Totò lascia o raddoppia?, Camillo Mastrocinque (1956).
  • Totò, Peppino e la... malafemmina, Camillo Mastrocinque (1956).
  • Totò, Peppino e i fuorilegge, Camillo Mastrocinque (1957).
  • Totò, Vittorio e la dottoressa, Camillo Mastrocinque (1957).
  • Totò e Marcellino, Antonio Musu (1958).
  • Totò, Peppino e le fanatiche, Mario Mattòli (1958).
  • Gambe d'oro, Turi Vasile (1958).
  • I soliti ignoti, Mario Monicelli (1958).
  • Totò a Parigi, Camillo Mastrocinque (1958).
  • La loi c'est la loi, Christian-Jaque (1958).
  • Totò nella luna, Steno (1958).
  • Totò, Eva e il pennello proibito, Steno (1959).
  • I tartassati, Steno (1959).
  • I ladri, Lucio Fulci (1959).
  • Arrangiatevi!, Mauro Bolognini (1959).
  • La cambiale, Camillo Mastrocinque (1959).
  • Noi duri, Camillo Mastrocinque (1960).
  • Signori si nasce, Mario Mattòli (1960).
  • Totò, Fabrizi e i giovani d'oggi, Mario Mattòli (1960).
  • Letto a tre piazze, Steno (1960).
  • Risate di gioia, Mario Monicelli (1960).
  • Chi si ferma è perduto, Sergio Corbucci (1960).
  • Sua Eccellenza si fermò a mangiare Mario Mattòli (1961).
  • Totò Peppino e la dolce vita, Sergio Corbucci (1961).
  • Tototruffa 62, Camillo Mastrocinque (1961).
  • I due marescialli, Sergio Corbucci (1962). Tamén guionista.
  • Totò diabolicus, Steno (1962).
  • Totò contro Maciste, Fernando Cerchio (1962).
  • Totò e Peppino divisi a Berlino, Giorgio Bianchi (1962).
  • Lo smemorato di Collegno, Sergio Corbucci (1962).
  • Totò di notte n. 1, Mario Amendola (1962).
  • I due colonnelli, Steno (1962).
  • Il giorno più corto, Sergio Corbucci (1963).
  • Totò contro i quattro, Steno (1963).
  • Il monaco di Monza, Sergio Corbucci (1963).
  • Vigile ignoto, episodio de Le motorizzate, Marino Girolami (1963).
  • Totò e Cleopatra, Fernando Cerchio (1963).
  • Totò sexy, Mario Amendola (1963).
  • Gli onorevoli, Sergio Corbucci (1963).
  • Il comandante, Paolo Heusch (1964).
  • Totò contro il pirata nero, Fernando Cerchio (1964).
  • Che fine ha fatto Totò Baby? Ottavio Alessi (1964).
  • Amare è un po' morire episodio de Le belle famiglie, Ugo Gregoretti (1964).
  • Totò d'Arabia, José Antonio De La Loma (1965).
  • Amore e morte, episodio de Gli amanti latini, Mario Costa (1965).
  • La Mandragola, Alberto Lattuada (1965).
  • Rita, la figlia americana, Piero Vivarelli (1965).
  • Uccellacci e uccellini, Pier Paolo Pasolini (1966).
  • Operazione San Gennaro, Dino Risi (1966).
  • La Terra vista dalla Luna, episodio de Le streghe, Pier Paolo Pasolini (1967).
  • Il mostro della domenica, episodio de Capriccio all'italiana, Steno (1967).
  • Che cosa sono le nuvole?, episodio de Capriccio all'italiana, Pier Paolo Pasolini (1967).

Televisión[editar | editar a fonte]

  • Il latitante(1967).
  • Il Tuttofare (1967).
  • Il Grande Maestro (1967).
  • Don Giovannino (1967).
  • La Scommessa (1967), tamén guionista.
  • Totò Ciak (1967).
  • Totò a Napoli (1967).
  • Totò Ye Ye, anunciado para ser emitido o 29 de xuño de 1967, mais nunca se retransmitiu.
  • Premio Nobel (1967) .

Poesía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]