Servio Sulpicio Galba, emperador
Servio Sulpicio Galba, emperador | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de decembro de 3 a. C. e 24 de decembro de 5 a. C. |
Lugar de nacemento | Terracina |
Falecemento | 15 de xaneiro de 69 e xaneiro de 69 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Roma |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | relixión na Roma antiga |
Ocupación | político e militar |
Pai | Galba |
Nai | Múmia Acaica |
Cónxuxe | Aemilia Lepida |
Fillos | valor descoñecido, valor descoñecido e Pisão Frugi Liciniano |
Irmáns | Caio Sulpício Galba |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Servius Sulpicius Galba (24 de decembro de 3 a.C. - 15 de xaneiro de 69) foi un emperador romano.
Foi un dos gobernadores que se alzou contra a tiranía de Nerón. Era gobernador da provincia Tarraconense e ao seu levantamento pronto se xunguiron os seus colegas de Lusitania, África e Exipto.
Servio Sulpicio Galba foi nomeado emperador polas lexións e os pretorianos en Clunia, na actual provincia de Burgos, inaugurando deste xeito o que acabaría por ser un costume. En efecto, as lexións atoparon a capacidade de presión que podían exercer sobor dunha Roma que só dispuña dunha guarnición de pretorianos. Só era necesario a ratificación do Senado, o que rematou por ser unha mera formalidade.
Marchou a Roma, onde instaurou un poder forte, que pronto recibiu o rechazo pola súa severidade. Os pretorianos, que se uniran á rebelión para acadar unha recompensa, non a recibiron, así como Marco Salvio Otón, gobernador da Lusitania, quen foi nomeado emperador polos pretorianos despois de asasinar a Galba no ano 69. Só permanecera uns meses como emperador.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Nerón |
Servio Sulpicio Galba, emperador | Precede a: Otón |
Ano dos catro emperadores |