Saltar ao contido

Vidal Payo Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVidal Payo Fernández
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Alemparte, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 2008 Editar o valor en Wikidata (92/93 anos)
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1598988

Vidal Payo Fernández, nado en Alemparte (Lalín) en 1915 e finado en Lalín o 5 de maio de 2008, foi un canteiro e escultor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orfo de nai, comezou a traballar o granito á idade de 13 anos nos montes de Alemparte e Pedroso e aos 18 anos xa posuía o seu propio grupo de canteiros. Instalouse como canteiro en Lalín.

A súa obra caracterízase pola forza expresiva con influencia do románico galego. En palabras de Antón Castro: "Ten un tradicional traballo primitivista e radicalmente galego, en canto ao proceso estético, de Vidal Payo, enérxico na concepción de formas que evocan a sabedoría expresionista dos mellores canteiros, aqueles que souberon dotar de sensibilidade e gusto aos seus proxectos, tal como nos deixa ver nesas mulleres laxeirianas de granito".

Ten obra espallada por Galiza, Madrid, Canarias, Andalucía, Cataluña, Asturias, Italia, Francia, Alemaña, Venezuela ou a Arxentina. A súa obra pódese dividir en sete grandes grupos: cruceiros, figuras relixiosas, figuras profanas e nus, fontes, escudos, construcións e figuras móbiles.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • 22 diplomas de Honra.
  • Primeira medalla no certame Ano Santo Compostelán (1971).
  • Medalla na Feira da Casa de Campo de Madrid e na Exposición de Artesanía de Santiago de Compostela (1972).
  • No Palacio de Cristal de Madrid outórgaselle a categoría de "Artesán Distinguido" (1972).
  • Felicitación de Honra en Palma (1975).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carme Cangado e tivo cinco fillos.