Vicepresidencia do Goberno de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O actual vicepresidente do Goberno de Cataluña, Pere Aragonès (ERC).

A Vicepresidencia do Goberno de Cataluña (en catalán: Vicepresidència del govern) é un cargo da Generalitat de Cataluña creado pola lei 13/2008, de 5 de novembro. Esta lei prevé a posibilidade de nomear un vicepresidente ou unha vicepresidenta do goberno se non foi nomeado un Conseller Primer. O vicepresidente ten asignada a consellería que o presidente determine. Na actualidade é a Consellería da Vicepresidencia.

O Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 recolle a composición do Goberno de Cataluña coa figura dun Presidente, optativamente un Conseller Primer e o resto de consellers. O feito de non designar un Conseller Primer permite ao goberno considerar o Conseller da Vicepresidencia como o segundo cargo en importancia.

As atribucións do vicepresidente ou vicepresidenta do goberno son as que tería o Conseller Primer se fora designado, coa excepción da competencia de "desplegar as directrices xerais da acción de goberno".

Lista de vicepresidentes e vicepresidentas[editar | editar a fonte]

Precedente histórico (1931-1932)[editar | editar a fonte]

Lexislatura Nome Inicio Fin Partido
1931-1932 Joan Casanovas i Maristany 29 de decembro de 1931 3 de outubro de 1932 ERC

Consellers da Vicepresidencia (2006-2008)[editar | editar a fonte]

Lexislatura Nome Inicio Fin Partido
VIII Josep Lluís Carod-Rovira 29 de novembro de 2006 3 de decembro de 2008 ERC

Vicepresidentes do goberno (2008-actualidade)[editar | editar a fonte]

Lexislatura Nome Inicio Fin Partido
VIII Josep Lluís Carod-Rovira 3 de decembro de 2008 29 de decembro de 2010 ERC
IX / X Joana Ortega i Alemany 29 de decembro de 2010 22 de xuño de 2015 UDC
X Neus Munté i Fernández 22 de xuño de 2015 14 de xaneiro de 2016 CDC
XI Oriol Junqueras i Vies 14 de xaneiro de 2016 27 de outubro de 2017 ERC
XII Pere Aragonès i Garcia 29 de maio de 2018 actualidade ERC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]