Saltar ao contido

Conseller Primer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conseller Primer
 Nome oficial
Conseller Primer (ca) dende 2005 ata 2006
Conseller en Cap (ca) dende 2001 ata 2005
Conseller Primer (ca) dende 1933 ata 1934
Conseller Delegat (ca) dende 1933 ata 1933
Cap del Consell Executiu (ca) dende 1932 ata 1933 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Lista do elemento
 Tratamento
Implicados
 Nomeado por
Datas
 Fundación / creación
29 de decembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
Wikidata

O Conseller primer del govern (en galego: Conselleiro primeiro do goberno) é un membro do Govern de Catalunya con competencias propias, nomeado e separado do cargo polo President da Generalitat de Catalunya.

É considerado o análogo catalán do cargo que desenvolve o primeiro ministro noutros países europeos e o seu status descríbese no Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 como unha figura que pode, opcionalmente, existir no goberno; e regúlase por lei do Parlament de Catalunya.[1] O cargo de Conseller Primer ten o tratamento de Honorable Senyor ou Honorable Senyora.[2]

O conseller primer do Govern ten despacho de seu no Palau de la Generalitat de Catalunya, na parte edificada no século XVI por Pere Blai, coñecida como Cos renaixentista.

Coa restitución da Generalitat republicana foise definindo esta figura de xefe de goberno aínda que con diferentes terminoloxías:

En 2001 o sexto goberno de Jordi Pujol restituíu esta figura co nome de Conseller en Cap e ocupouno Artur Mas, quen, nas seguintes eleccións, sería o seu successor encabezando a lista de CiU. A restitución do cargo foi interpretada per moitos sectores da oposición e a sociedade como unha manobra propagandística do partit gobernante (CiU) para destacar a figura de Artur Mas e presentalo como sucesor político de Pujol, xa que nas seguintes eleccións presentaríase como cabeza de lista de CiU.

Na seguinte lexislatura, o goberno de Pasqual Maragall mantivo esta figura, que ocuparon Josep-Lluís Carod-Rovira e Josep Bargalló i Valls; aínda que o nome foi substituído o 17 de marzo de 2005 polo de Conseller Primer, tras considerar que o nome Conseller en Cap designaba historicamente un cargo do Concello de Barcelona e non da Generalitat de Catalunya.

Despois das eleccións de 2006, o goberno de José Montilla non designou Conseller Primer e as súas competencias foron asumidas polo mesmo president e o conseller da Vicepresidencia, Josep Lluís Carod-Rovira.

Lista de consellers primers

[editar | editar a fonte]
N.º Nome Inicio Fin Partido
1.Joan Lluhí 19321933 ERC
2.Carles Pi i Sunyer 19331933 ERC
3.Miquel Santaló i Parvorell 4 de outubro de 19331 de xaneiro de 1934 ERC
4.Joan Casanovas 31 de xullo de 19361936 ERC
5.Josep Tarradellas i Joan26 de setembro de 1936 5 de maio de 1937 ERC
–.Josep Tarradellas i Joan1954 1954 ERC
6.Artur Mas i Gavarró17 de xaneiro de 2001 20 de decembro de 2003 CDC
7.Josep Lluís Carod-Rovira20 de decembro de 2003 27 de xaneiro de 2004 ERC
8.Josep Bargalló i Valls20 de febreiro de 2004 11 de maio de 2006 ERC
  1. "Títol II. De les institucions (articles 55-94)". Generalitat de Catalunya. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2021. Consultado o 20 de xuño de 2019.
  2. "LLEI 13/2008, del 5 de novembre, de la presidència de la Generalitat i del Govern". Portal Jurídic de Catalunya.