Viño da Terra de Betanzos
O Viño da Terra de Betanzos é unha Indicación xeográfica galega empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola de Betanzos. Comprende os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e algunhas parroquias dos de Abegondo, Oza-Cesuras e Sada.
Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2001, supondo a comarca vitivinícola situada máis ao norte da comunidade autónoma galega.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
Está documentada a existencia de produción de viño en Betanzos na idade media. Xa entón era unha das principais mercadorías no porto da cidade[1]. O seu cultivo estivo a piques de desaparecer por varias pragas no século XIX. A tradición na produción e comercialización de viño en Betanzos continuou como viño de mesa en empresas como Coes que tivo aceptación comercial ata xurdir o viño con denominacións de orixe e comercializado con marcas. Actualmente o viño de Betanzos é un viño lixeiro, froiteiro e de pouca gradación. Prodúcese en variedade branca e tinta. A tradición é tomalo nos loureiros, son adegas de particulares sinaladas cunha rama de loureiro na porta. O consumo e venda deste viño está concentrada na zona e non é doado atopalo á venda xa que está centrada a produción no autoconsumo.
Variedades de uva[editar | editar a fonte]
- Recomendadas (os viños desta denominación deberán levar polo menos un 60% de uva das seguintes variedades):
- Brancas: Branco lexítimo[Cómpre referencia], agudelo[Cómpre referencia], godello
- Tintas: Roibal[Cómpre referencia], mencía, brancellao, merenzao
- Autorizadas (até un 40% do viño pode ser completado con estas variedades):
- Tintas: garnacha tintureira e Gran negro.
- Brancas: Palomino.
Adegas[editar | editar a fonte]
- Lorenzo Bescansa
- Ribeiras de Armea
- Ladeiras de Paderne