Branco lexítimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cepa de Branco Lexítimo en Paderne.

Branco lexítimo é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza, considerada como a variedade máis antiga das existentes no país. A recolleita está principalmente na zona de Betanzos e Paderne.

Historia[editar | editar a fonte]

Festa do viño Branco Lexítimo en Paderne, en 2015.
Acio de Branco Lexítimo nunha mostra da Deputación de Ourense en Boimorto.

Durante séculos produciuse viño con branco lexítimo ata a desaparición das viñas por diversas pragas dende o século XIX ata finais do século XX. Os viños producidos con esta variedade de uva non tiñan saída comercial nin eran coñecidos xa que non aparecía nas etiquetas o tipo de uva. A variedade non existía no "Rexistro de variedades comerciais da oficina española de variedades vexetais" do Ministerio de Medio Rural. O 24 de marzo de 2011 foi publicada no BOE a orde que recolle a inscrición xunto co agudelo e a tinta castañal. Este recoñecemento foi traballo da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC co apoio da Fundación Juana de Vega e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia[1].

Produtores en Galiza[editar | editar a fonte]

En Galiza hai rexistrados nove produtores de branco lexítimo. Seis son da zona de Betanzos, tres do Barbanza (onde se coñece coma raposo) e un de Negueira de Muñiz (onde é coñecida coma branco país) [2][3]. A primeira fin de semana de xullo celébrase dende 2014 a "Mostra do Branco Lexítimo" no concello de Paderne[4].

Terra de Betanzos[editar | editar a fonte]

  • Casa Beade
  • Lorenzo Bescansa
  • María Luísa Fraga
  • María Moar
  • Adegas Rilo
  • Viña Ártabra

Barbanza[editar | editar a fonte]

  • Adegas Calidade
  • Adegas Entreosrios
  • Cazapitas

Negueira de Muñiz[editar | editar a fonte]

  • Adegas Panchín

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]