Viño da Terra de Barbanza e Iria
Aparencia

O Viño da Terra de Barbanza e Iria é unha Indicación xeográfica empregada para designar os viños de mesa orixinarios principalmente da zona vitícola da ribeira da ría de Arousa, que comprende os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures (provincia de Pontevedra) e Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e varias parroquias do Porto do Son e Lousame provincia da Coruña).
Esta indicación xeográfica foi regulamentada no ano 2007.
Variedades de uva
[editar | editar a fonte]- Tintas: Mencía, Caiño Tinto, Brancellao, Espadeiro, Loureira Tinta e Sousón.
- Brancas: Albariño, Godello, Palomino, Caíño Branco, Loureira Branco, Treixadura e Torrontés.