Espadeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Acio de espadeiro

Espadeiro é unha variedade de uva tinta (Vitis vinifera) característica do noroeste da península Ibérica, especialmente presente na denominación de orixe Rías Baixas (Galicia) e máis na rexión do Minho (Portugal)[1]. Ten acios de tamaño medio con uvas de cor vermella intensa. É unha planta cunha presenza escasa no cultivo por mor do seu baixo rendemento e a esixencia de solos de características arxilosas.Durante anos, por mor da súa pouca presenza, empregouse para mesturar con outra uvas, pero hoxe en día tamén se fan viños monovarietais. Produce viños con corpo, aromáticos, ácidos e de cor cereixa escura, xeralmente novos ou cun lixeiro paso por barricas de carballo[2].

En Galicia recibe tamén as denominacións de arenal, espadal, espadeiro da tinta, padeiro de basto, padeira de basto, tinta pobres e torneiro.

En Portugal diferenciáronse xeneticamente dúas variedades, a espadeiro tinto[3] e a espadeiro mole[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robinson, Jancis. (2003). Jancis Robinson's wine course : a guide to the world of wine. (3rd ed., completely rev. and expanded ed ed.). New York: Abbeville Press Publishers. ISBN 978-0-7892-0883-5. OCLC 231436765. 
  2. "ESPADEIRO". www.bedri.es. Consultado o 2020-07-16. 
  3. "Espadeiro tinto". web.archive.org. Consultado o 2020-07-16. 
  4. "Espadeiro mole". web.archive.org. Consultado o 2020-07-16.