Pietro Badoglio
Pietro Badoglio | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Pietro Badoglio |
Nacemento | 28 de setembro de 1871 |
Lugar de nacemento | Grazzano Badoglio |
Falecemento | 1 de novembro de 1956 |
Lugar de falecemento | Grazzano Badoglio |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Ocupación | político, diplomático e militar |
Pai | Mario Badoglio |
Nai | Antoinetta Pittarelli |
Fillos | Mario Badoglio |
Premios | Ordem da Anunciação, Ordem Militar de Itália, Ordem dos Santos Maurício e Lázaro, Ordem da Coroa da Itália, Ordem Colonial da Estrela de Itália, Medalha de Ouro de Valor Militar, Ordem Equestre do Santo Sepulcro de Jerusalém, Maurician medal e Victory Medal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pietro Badoglio, nado en Grazzano Monferrato o 28 de setembro de 1871 e finado no mesmo lugar, rebautizado como Grazzano Badoglio na súa honra, o 1 de novembro de 1956, foi un político e militar italiano. Mariscal do exército, substituíu a Benito Mussolini como presidente do Consello de Ministros de Italia tras o golpe de estado do 25 de xullo de 1943, e conduciu a Italia a que saíse da Segunda Guerra Mundial.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezos[editar | editar a fonte]
Naceu en Grazzano Monferrato, unha pequena localidade da rexión do Piemonte, de pai terratenente e nai burguesa. Despois de estudar na Academia Militar de Turín, serviu no Exército desde 1892, primeiro como tenente de artillaría durante as campañas de Eritrea (1896) e Libia (1912), onde se distinguiu na Batalla de Zanzur.
Ao inicio da participación do Reino na primeira guerra mundial tiña o grao de tenente coronel, ascendendo despois ao de xeneral polos seus servizos na toma do Monte Sabotino en maio de 1916. En 1918 xa era axudante do comandante en xefe, a pesar de ser parcialmente responsable do desastre en Caporetto do 24 de outubro de 1917.
Entreguerras[editar | editar a fonte]
Durante a posguerra foi elixido senador, aínda conservando o seu grao militar, o que lle permitiu desempeñar cargos especiais en Romanía e Estados Unidos en 1920 e 1921. Foi nun primeiro momento opositor ao réxime de Benito Mussolini, aínda que logo apoiouno. Nesta estapa foi designado embaixador no Brasil, para despois regresar a Italia e ocupar o cargo de xefe do Estado Maior do Exército a partir do 4 de maio de 1924. Entre 1929 e 1933 foi destinado como gobernador de Tripolitania. En 1936 substituíu o xeneral Emilio de Bono á fronte da invasión de Etiopía. Autorizou a utilización de gas mostaza contra o inimigo e finalmente conquistou Adís Abeba, o que supuxo a fin desta guerra. Polo seu logro foi nomeado duque de Adís Abeba, de onde exerceu como vicerrei.
Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]
Opúxose ao acordo do Pacto de Aceiro coa Alemaña nazi, xa que consideraba improbable a posibilidade dunha vitoria en caso de guerra. Unha vez comezada a contenda, renunciou en decembro de 1940 ao seu cargo como resultado do pobre papel desempeñado polas tropas italianas na invasión de Grecia. Xerarcas fascistas acusárano de ser o responsable do fracaso da ofensiva italiana en Grecia e, tras tratar de solicitar en balde o apoio do rei mediante un simulacro de dimisión o 27 de novembro de 1940, cesou como xefe do Estado Maior italiano poucos días máis tarde.[1] Substituíuno no cargo o xeneral Ugo Cavallero.[2]
Rendición italiana[editar | editar a fonte]
Tras o desembarco angloamericano en Sicilia do 9 de xullo de 1943, o país viuse conmocionado pola noticia. Isto provocou a crise do goberno fascista que desembocaría o 25 de xullo, tras unha reunión do Gran Consello Fascista, na destitución de Mussolini como presidente do goberno por parte do rei Víctor Manuel III, que nomeou no seu lugar a Badoglio. As súas primeiras medidas foron declarar a lei marcial, ademais de iniciar negociacións directas e secretas cos Aliados, que se levaron a cabo en Lisboa, co fin de chegar a un armisticio.
O 8 de setembro, Estados Unidos fixo público (obviando as súplicas de Badoglio) o armisticio asinado en segredo por Italia cinco días antes. A oposición de Badoglio debíase á perigosa situación na que se atopaba Italia, xa que era consciente de que as proximidades de Roma e os arredores de lugares estratéxicos do territorio italiano aínda non ocupado polos Aliados (Italia central e setentrional) eran controlados por tropas alemás.[3]
Ese mesmo día, ás 19:45, Badoglio dirixiuse por radio á nación para dar a coñecer o armisticio. Á noitiña, a familia real e parte do goberno decidiron fuxir a Pescara por temor á reacción alemá. Desde alí a Mariña transportounos a Brindisi a bordo da fragata Baionetta, onde se estableceu unha nova sede baixo protección aliada. O 8 de xuño de 1944, tras a liberación de Roma, o Comité de Liberación Nacional solicitou a substitución de Badoglio como presidente do goberno por estar intimamente ligado co réxime fascista. Foi substituído á fronte do goberno por Ivanoe Bonomi, que xa ocupara tal cargo entre 1921 e 1922.
Últimos anos[editar | editar a fonte]
Tras a súa substitución como presidente do goberno, Badoglio retirouse da vida pública e faleceu en 1956 na súa localidade natal, Grazzano Monferrato, que en 1939 fora rebautizada como Grazzano Badoglio na súa honra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cervi 1972, p. 171.
- ↑ Cervi 1972, p. 172.
- ↑ Rick Atkinson (2007), pp. 192-197
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pietro Badoglio ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Atkinson, Rick (2007). The Day of Battle:The War in Sicily and Italy, 1943-1944. New York: Henry Holt and Co.
- Cervi, Mario (1972). The hollow legions: Mussolini's Blunder in Greece, 1940-1941 (en inglés). Chatto & Windus. pp. 336. ISBN 9780701113513.