Périgueux
Périgueux, en occitano Periguers [peri'gʏ:] ou Peireguers [pejre'gʏ:], é unha cidade do departamento francés de Dordoña, na rexión Aquitania. É a capital (préfecture) do departamento. O primeiro de xullo do 2005 estimábase a súa poboación en 29 600 habitantes. Está vencellada ao Camiño de Santiago.
Monumentos e lugares turísticos[editar | editar a fonte]
Periguers presenta un patrimonio admirable, con 43 monumentos históricos e un importante sector conservado. Son destacábeis:
Os restos da fortaleza galorromana de Vesona[editar | editar a fonte]

A Torre de Vesona
- A Torre de Vesona, resto dun templo dedicado á deusa tutelar da cidade galorromana;
- As ruínas do Anfiteatro romano, realzado hoxe por un xardín;
- O museo Vesunna, erguido sobre os vestixios dunha domus polo arquitecto Jean Nouvel.
A cidade medieval[editar | editar a fonte]
- A catedral de Saint-Front, inscrita no Patrimonio Mundial da Humanidade, é unha das etapas máis famosas da peregrinación xacobea. De estilo románico bizantino, presenta cinco cúpulas formando unha cruz grega.
- A igrexa románica de Santo Estevo, antiga catedral, da que fican aínda dúas cúpulas;
- O convento das Donas da Fe (século XII)
- A Torre Mataguerra (século XIII), resto das fortificacións medievais;
A cidade renacentista[editar | editar a fonte]
- A Maison dos Cónsules, que se mira no río Eila (nome occitano; Isle en francés);
- O Chasteu Barriera (ruínas), castelo que debe o nome a unha familia da cidade;
- A Maison dau Pastissier, favorecida pola restauración da Plaça Sent Loís´;
- Varios pazos ou ostaus dos séculos XV e XVI sitos no antigo Puei Sent Front (ostaus Gamenson, Sench Astier, de Abzac de La Dosa, de Lestrada,...)
Outros[editar | editar a fonte]
- A Prefectura (século XIX) : cunha fachada en estilo do Segundo Imperio e salóns seguindo modelos dos pazos de Versalles, Fontainebleau e do Louvre.
- O Museo de Arte e de Arqueoloxía do Perigòrd.
- O Museo Militar do Perigòrd.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |