Usuario:Elisardojm/proba india

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política da India.

A India é unha democracia parlamentaria. O presidente é escollido indirectamente por un colexio electoral para un mandato de 5 anos. O poder executivo pertence ao primeiro ministro.

O Parlamento ten dúas cámaras: Rajya Sabha (Senado) con 250 membros, e o Lok Sabha ("Casa do Pobo", equivalente a unha cámara de deputados), con 545 membros.

A India é a democracia máis populosa do mundo.[1] O país é unha república parlamentaria cun sistema multipartidario[2] con seis partidos nacionais acreditados, como o Partido do Congreso Nacional Indio (en inglés Indian National Congress - INC, ou simplemente Congreso) e o Bharatiya Janata Party (BJP), amais de 40 partidos rexionais.[3] O Partido do Congreso é considerado de centro-esquerda ou "liberal" dentro da cultura política india, mentres que o BJP é de centro-dereita ou "conservador". Durante a maior parte do período comprendido entre 1950 —cando a India se tornou unha república por primeira vez— e o final dos anos 1980, o Congreso mantivo a maioría no parlamento indio. Desde aquela, no entanto, o partido cada vez divide máis o escenario político co BJP[4] e con poderosos partidos rexionais que moitas veces forzan a creación de coalicións multipartidarias.[5]

Interior do Sansad Bhavan durante unha sesión parlamentar en 2010.

Nas tres primeiras eleccións xerais da República da India —en 1951, 1957 e 1962— o Congreso, liderado por Jawaharlal Nehru, tivo unha serie de vitorias doadas. Coa morte de Nehru en 1964, Lal Bahadur Shastri tornouse rapidamente o primeiro ministro; que foi sucedido, logo da súa inesperada morte en 1966, por Indira Gandhi, que levou ao Partido do Congreso a vitorias electorais en 1967 e 1971. Logo do descontento público causado pola declaración de estado de excepción en 1975 pola primeira ministra, o Congreso perdeu as eleccións en 1977; e o entón novo Partido Janata, que se opuña ao estado de excepción, gañou e o seu goberno durou pouco máis de tres anos. Ao volver ao poder en 1980, o Congreso viu un cambio no seu liderado en 1984, cando Indira Gandhi foi asasinada e foi sucedida polo seu fillo, Rajiv Gandhi, que conquistou unha vitoria fácil nas eleccións xerais ao final dese mesmo ano. O Congreso foi elixido de novo en 1989, cando a coalición da Fronte Nacional, liderada polo Janata Dal (un partido recentemente creado), nunha alianza coa Fronte de Esquerda, venceu as eleccións; ese goberno tamén foi relativamente curto, xa que durou pouco menos de dous anos.[6] En 1991 tiveron lugar novas eleccións, mais ningún partido obtivo a maioría absoluta no parlamento. O Congreso, no entanto, por ser o maior partido do país, conseguiu formar un goberno de minoría liderado por P. V. Narasimha Rao.[7]

Entre 1996 e 1998, houbo un forte período de axitación no goberno federal con varias alianzas de curta duración, tentando estabilizar o país. O BJP chegou brevemente ao poder en 1996, seguido por unha coalición de Fronte Unida que excluíu tanto ao BJP como ao INC. En 1998, o BJP e outros partidos menores formaron a Alianza Democrática Nacional, que conseguiu a vitoria e se converteu no primeiro goberno non congresista en gobernar o país durante unha lexislatura completa de cinco anos.[8] Nas eleccións xerais de 2004, o INC gañou a maioría das cadeiras no Lok Sabha (cámara baixa do parlamento) e formou un goberno de coalición denominado Alianza Progresista Unida (United Progressive Alliance, UPA), apoiada por diversos partidos de esquerda e membros de oposición ao BJP. A UPA chegou novamente ao poder nas eleccións xerais de 2009, entre tanto, a representación dos partidos de esquerda dentro da coalición foi reducida significativamente,[9] Manmohan Singh converteuse no primeiro ministro, sendo reelixido despois de completar un mandato de cinco anos desde as eleccións de 1962, onde Jawaharlal Nehru fora elixido no seu cargo.[10]

Nas eleccións xerais de 2014, o BJP converteuse no primeiro partido político dende 1984 en gañar a maioría e gobernar sen o apoio doutros partidos.[11] O Primeiro Ministro da India é Narendra Modi, que anteriormente fora Ministro Xefe de Gujarat. O 20 de xullo de 2017, Ram Nath Kovind foi nomeado o 14º Presidente da India e xurou o cargo o 25 de xullo de 2017.[12][13][14]

Goberno[editar | editar a fonte]

O Rashtrapati Bhavan, en Nova Deli, a residencia oficial do presidente do país.

A Constitución da India, maior que a de calquera outra nación do mundo, entrou en vigor o 26 de xaneiro de 1950.[15] O seu preámbulo define á India como unha república soberana, secular e democrática.[16] O Parlamento da India é bicameral, rexido polo sistema Westminster. A súa forma de goberno foi tradicionalmente descrita como "case federalista", cunha forte tendencia á centralización, tendo os estados relativamente pouco poder.[17] Desde finais da década de 1990, o federalismo ten medrado cada vez máis, como resultado de cambios políticos, sociais e económicos.[18][19]

O poder executivo recae sobre o presidente da India, que é o xefe de estado,[20] e é elixido indirectamente por un colexio electoral[21] para un mandato de cinco anos.[22][23] O primeiro ministro é o xefe de goberno e exerce a maioría das funcións do poder executivo.[20] Nomeado polo presidente,[24] o primeiro ministro é xeralmente próximo ao partido ou alianza política que conte coa maioría dos asentos da cámara baixa do parlamento.[20] O poder executivo consiste no presidente, o vicepresidente, o consello de ministros (sendo o gabinete o seu comité executivo), encabezado polo primeiro ministro. Calquera ministro do consello debe ser membro de calquera cámara parlamentar. No sistema parlamentarista indio, o poder executivo está subordinado ao poder lexislativo, o primeiro ministro e o seu consello son directamente vixiados pola cámara baixa do parlamento.[25]

Sede do Tribunal Supremo da India en Nova Deli

O poder lexislativo da India está representado polo parlamento bicameral, que consiste na cámara alta, chamada Rajya Sabha (consello dos estados) e a cámara baixa, chamada Lok Sabha (consello do pobo).[26] A Rajya Sabha é un órgano permanente, que conta con 245 membros que ocupan o cargo durante un período de seis anos.[27] A maioría deles son elixidos indirectamente polas lexislaturas estatais e territoriais, mediante representación proporcional.[27] Dos 545 membros do Lok Sabha, 543 son elixidos directamente polo voto popular para representar a determinados grupos sociais por un período de cinco anos.[27] Os outros dous membros son nomeados polo presidente entre a comunidade anglo-india.[27]

A India conta cun poder xudicial de tres niveis, que consisten na Corte Suprema de Xustiza, encabezada polo xefe de xustiza, 21 tribunais superiores e un gran número de tribunais de primeira instancia.[28] A Corte Suprema é un tribunal de primeira instancia para casos relacionados cos dereitos humanos fundamentais e un tribunal de apelación por riba dos tribunais superiores.[29] É xudicialmente independente,[28] tendo o poder de declarar e elaborar leis e revogar leis nacionais ou estatais que violen a constitución.[30] A función de último intérprete da Constitución é unha das funcións máis importantes da Corte Suprema.[31]

Relacións internacionais[editar | editar a fonte]

Narendra Modi reunido cos outros líderes dos BRICS durante a 9ª reunión da cúpula do G20, realizada en Brisbane, Australia.

Desde a súa independencia en 1947, a India mantén relacións cordiais coa maioría das nacións. Na década de 1950, apoiou fortemente a descolonización de África e de Asia, e desempeñou un papel de líder no Movemento de Países Non Aliñados.[32] A finais da década de 1980, o exército indio interveu dúas veces no exterior, por invitación de países veciños: unha operación de paz en Sri Lanka entre 1987 e 1990 e unha intervención armada para impedir unha tentativa de golpe de Estado nas Maldivas. A India ten relacións moi tensas co seu veciño Paquistán; as dúas nacións xa entraron en guerra catro veces: en 1947, 1965, 1971 e 1999. Tres desas guerras tiveron lugar no territorio disputado de Caxemira, mentres que a cuarta, en 1971, comezou despois do apoio da India á independencia de Bangladesh.[33] Despois de finalizar a guerra sino-india en 1962 e a guerra con Paquistán en 1965, a India estreitou os seus lazos militares e económicos coa Unión Soviética; a finais dos anos 1960, os soviéticos eran os maiores fornecedores de armas da India.[34]

Amais das súas actuais relacións estratéxicas con Rusia, a India mantén relacións de defensa de grande alcance con Israel e Francia. Nos últimos anos, ten desempeñado un papel clave na Asociación Sudasiática para a Cooperación Rexional (SAARC) e na Organización Mundial do Comercio. A India puxo a 100 000 militares e policías a disposición para 35 misións de paz da Organización das Nacións Unidas (ONU) en catro continentes. O país participa na Cúpula do Leste Asiático, o G8+5 e noutros foros multilaterais.[35] A India ten estreitos lazos económicos con América do Sur, Asia e África. Desde 1991 segue a política "Look East" ("mirar a oriente"), que ten como obxectivo fortalecer as relacións cos países da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN), Xapón e Corea do Sur, e que xira en torno a moitas cuestións, mais especialmente aquelas que implican o investimento económico e a seguridade rexional.[36][37]

Forzas armadas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Forzas armadas da India.
INS Vikramaditya, a maior embarcación da Mariña da India.

O test nuclear de 1964, realizado por China, e as repetidas ameazas do goberno chinés de intervir en apoio a Paquistán na guerra de 1965, convenceron á India para desenvolver armas nucleares.[38] O país realizou o seu primeiro test nuclear en 1974 e realizou máis tests subterráneos en 1998. A pesar das críticas e sancións militares, a India non asinou o Tratado de Prohibición Completa de Ensaios Nucleares, nin o Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares, por considerar os acordos con defectos e discriminatorios.[39] O país mantén a política nuclear de "non usar primeiro" (en inglés no first use) e está desenvolvendo unha capacidade tríade nuclear, como parte da súa doutrina de "disuasión crible mínima".[40][41] ​​O goberno indio está desenvolvendo un escudo de mísiles balísticos de defensa e, coa colaboración de Rusia, dun avión caza de quinta xeración.[42] Outros proxectos militares indios inclúen a concepción e introdución dos portaavións da clase Vikrant e dos submarinos nucleares da clase Arihant.[42]

Desde o fin da guerra fría, a India ten aumentado a súa cooperación económica, estratéxica e militar cos Estados Unidos e a Unión Europea.[43] En 2008, asinouse un pacto nuclear entre a India e os Estados Unidos. Aínda que a India xa posuía armas nucleares na época e non fose membro do Tratado de Non Proliferación Nuclear, o acordo recibiu a exención da Axencia Internacional de Enerxía Atómica e do Grupo de Fornecedores Nucleares, acabando coas restricións anteriores sobre tecnoloxía e o comercio nuclear do país. Como consecuencia, a India converteuse no sexto Estado con armas nucleares de facto do mundo.[44] Posteriormente o país asinou acordos de cooperación en enerxía nuclear civil con Rusia,[45] Francia,[46] Reino Unido[47] e Canadá.[48]

O Presidente da India é o comandante supremo das forzas armadas do país; con 1,6 millóns de soldados activos, é o terceiro maior exército do mundo.[49] As forzas armadas comprenden o exército, a mariña e a forza aérea; organizacións auxiliares inclúen o Comando de Forzas Estratéxicas e tres grupos paramilitares: os Assam Rifles, a Forza Especial de Fronteira e a Garda Costeira India.[50] O orzamento de defensa oficial indio para 2011 foi de 36,03 billóns de dólares, o 1,83% do seu PIB.[51] Para o ano fiscal que abrangue 2012-2013 foron orzados para esa área 40,44 billóns de dólares.[52] Segundo un informe de 2008 do SIPRI, o gasto militar anual da India en termos de poder de compra foi de 72,7 billóns de dólares.[53] En 2011, o orzamento anual de defensa do país tivo un aumento de 11,6%,[54] aínda que iso non incluía os fondos que chegan aos militares a través doutras ramas do goberno.[55] En 2012, o país era o maior importador de armas do mundo; entre 2007 e 2011, a India foi responsable do 10% dos gastos en compras internacionais de armas.[56] Gran parte do gasto militar destínase á defensa contra Paquistán e para combater a crecente influencia chinesa no océano Índico.[54]

Dereitos humanos[editar | editar a fonte]

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Elisardojm/proba india firmou ou ratificou:

India India Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[57]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[58] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[59] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[60] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[61]
Pertenza Elisardojm/proba india recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Sen información Elisardojm/proba india recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Sen información Elisardojm/proba india recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
  1. "India Becomes a Billionaire". Population Division Department of Economic and Social Affairs (en inglés). Organización das Nacións Unidas. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  2. Burnell, P. J.; Calvert, P. (1 de maio de 1999). The Resilience of Democracy: Persistent Practice, Durable Idea (1ª ed.). Taylor & Francis. p. 125. ISBN 978-0-7146-8026-2. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  3. "Current Recognised Parties" (PDF)) (en inglés). Election Commission of India. 14 de setembro de 2009. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  4. Sarkar, N. I. (1 de xaneiro de 2007). Sonia Gandhi: Tryst with India. Atlantic. p. 84. ISBN 978-81-269-0744-1. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  5. Chander, N. J. (1 de xaneiro de 2004). Coalition Politics: The Indian Experience. Concept Publishing Company. p. 117. ISBN 978-81-8069-092-1. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  6. Bhambhri, C. P. (1 de maio de 1992). Politics in India, 1991–1992. Shipra. pp. 118, 143. ISBN 978-81-85402-17-8. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  7. "Narasimha Rao passes away". The Hindu (en inglés). 23 de decembro de 2004. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  8. Dunleavy, Patrick; Diwakar, Rekha; Dunleavy, Christopher (2007). The Effective Space of Party Competition (PDF) (en inglés). London School of Economics and Political Science. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  9. Kulke & Rothermund 2004, p. 384
  10. "Second UPA win, a crowing glory for Sonia's ascendancy". Bussiness-Standard.com (en inglés). 16 de maio de 2009. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  11. "BJP first party since 1984 to win parliamentary majority on its own". DNA. IANS. 16 de maio de 2014. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  12. "Election commission" (PDF). eci.nic.in. 21 de xullo de 2017. 
  13. "Oath". India Today. 
  14. "Highlights: Ram Nath Kovind takes oath as India’s 14th President". The Indian Express. 25 de xullo de 2017. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  15. Pylee, M. V. (2003). "The Longest Constitutional Document". Constitutional Government in India (2ª ed.). S. Chand. ISBN 978-81-219-2203-6. 
  16. Dutt, S. (1998). "Identities and the Indian State: An Overview". Third World Quarterly (en inglés) 19 (3) (Third World Quarterly). pp. 411–434. doi:10.1080/01436599814325. 
  17. Wheare, K. C. (Xuño de 1980). Federal Government (4ª ed.). Oxford University Press. p. 28. ISBN 978-0-313-22702-8. 
  18. Echeverri-Gent, J. (Xaneiro de 2002). "Politics in India's Decentred Polity". En Ayres, A.; Oldenburg, P. Quickening the Pace of Change. India Briefing. Londres: M. E. Sharpe. pp. 19–53. ISBN 978-0-7656-0812-3. 
  19. Sinha, A. (2004). "The Changing Political Economy of Federalism in India". India Review 3 (1). pp. 25–63. doi:10.1080/14736480490443085. 
  20. 20,0 20,1 20,2 Sharma, R. (1950). "Cabinet Government in India". Parliamentary Affairs (en inglés) 4 (1). pp. 116–126. 
  21. "The President and Vice-President" (en inglés). Constitution Society. 2009. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  22. Gledhill 1951, p. 112
  23. "Tenure of President's office" (en inglés). Constitution Society. 2009. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  24. "Appointment of Prime Minister and Council of Ministers" (en inglés). Constitution Society. 2009. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  25. Mathew, K. M. (1 de xaneiro de 2003). Manorama Yearbook. Malayala Manorama. p. 524. ISBN 978-81-900461-8-3. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  26. Gledhill 1951, p. 127
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 "Members of Parliament". India.gov.in (en inglés). NIC. 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2015. 
  28. 28,0 28,1 Neuborne, B. (2003). "The Supreme Court of India". International Journal of Constitutional Law 1 (1). pp. 476–510. doi:10.1093/icon/1.3.476. 
  29. "Supreme Court of India - Jurisdiction". Supreme Court of India.nic.in (en inglés). NIC. 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2015. 
  30. Sripati, V. (1998). Toward Fifty Years of Constitutionalism and Fundamental Rights in India: Looking Back to See Ahead (1950–2000). American University International Law Review 14. pp. 413–496. 
  31. Pylee, M. V. (2003). "The Union Judiciary: The Supreme Court". Constitutional Government in India (2ª ed.). S. Chand. ISBN 978-81-219-2203-6. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  32. Rothermund, D. (17 de outubro de 2000). The Routledge Companion to Decolonization. Routledge Companions to History (1ª ed.). Routledge. p. 48, 227. ISBN 978-0-415-35632-9. 
  33. Gilbert, M. (17 de decembro de 2002). A History of the Twentieth Century. William Morrow. pp. 486–487. ISBN 978-0-06-050594-3. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  34. Sharma, S. R. (1 de xaneiro de 1999). India–USSR Relations 1947–1971: From Ambivalence to Steadfastnessc 1. Discovery. p. 56. ISBN 978-81-7141-486-4. 
  35. Alford, P. (7 de xullo de 2008). "G8 Plus 5 Equals Power Shift". The Australian. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  36. Ghosh, A. (1 de setembro de 2009). India's Foreign Policy. Pearson. pp. 282–289. ISBN 978-81-317-1025-8. 
  37. Sisodia, N. S.; Naidu, G. V. C. (2005). Changing Security Dynamic in Eastern Asia: Focus on Japan. Promilla. pp. 1–8. ISBN 978-81-86019-52-8. 
  38. Perkovich, G. (5 de novembro de 2001). India's Nuclear Bomb: The Impact on Global Proliferation. University of California Press. pp. 60–86, 106–125. ISBN 978-0-520-23210-5. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  39. Kumar, A. V. (1 de maio de 2010). "Reforming the NPT to Include India". Bulletin of Atomic Scientists. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  40. Nair, V. K. (2007). "No More Ambiguity: India's Nuclear Policy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  41. Pandit, R. (27 de xullo de 2009). "N-Submarine to Give India Crucial Third Leg of Nuke Triad". The Times of India. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  42. 42,0 42,1 "India, Russia review defence ties". The Hindu (en inglés). 5 de outubro de 2011. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  43. ""India, Europe Strategic Relations"". Summaries of EU Legislation (en inglés). Unión Europea. 8 de abril de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  44. "India, US sign landmark 123 Agreement". The Times of India (en inglés). 11 de outubro de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  45. "Russia agrees India nuclear deal". British Broadcasting Corporation (en inglés). 11 de febreiro de 2009. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  46. "Russia agrees India nuclear deal". Rediff.com (en inglés). 25 de xaneiro de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  47. "UK, India sign civil nuclear accord". Reuters (en inglés). 13 de febreiro de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  48. "Canada signs nuclear deal with India". The Globe and Mail (en inglés). 27 de xuño de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  49. Ripsman, N. M.; Paul, T. V. (18 de marzo de 2010). Globalization and the National Security State. Oxford University Press. p. 130. ISBN 978-0-19-539390-3. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  50. ""India"". The World Factbook (en inglés). Central Intelligence Agency. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  51. "India’s Defence Budget 2011-12" (en inglés). IDSA. 7 de marzo de 2011. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  52. "India’s Defence Budget 2012-13" (en inglés). IDSA. 20 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  53. Stockholm International Peace Research Institute, ed. (8 de agosto de 2008). "SIPRI Yearbook 2008: Armaments, Disarmament, and International Security" (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-954895-8. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  54. 54,0 54,1 Miglani, S. (28 de febreiro de 2011). "With An Eye on China, India Steps Up Defence Spending". Reuters. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  55. Shukla, A. (5 de marzo de 2011). "China Matches India's Expansion in Military Spending". Business Standard. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  56. "Rise in international arms transfers is driven by Asian demand, says SIPRI". Stockholm International Peace Research Initiative. 19 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  57. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  58. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  59. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  60. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  61. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.